Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 22 Fevereiro 2017 04:28

Junta anuncia que desobedecerá sentença judicial, e continuará a negar Risga a duas ou mais pessoas na mesma morada

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Repressom e direitos humanos / Fonte: ODS Coia

Hai unhas semanas celebrabamos a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de Vigo, que recoñecía que nun mesmo domicilio poden convivir varias perceptoras da RISGA, sempre e cando non formen parte da mesma unidade familiar.

Na Xunta sabían antes desta sentenza que a RISGA, 400 € de media ao mes, non abonda para cubrir as necesidades básicas. Como xa o sabían, na Consellería de Política Social que dirixe José Manuel Rey Varela, non van cumprir esta sentenza.

E non o din no ODS Coia porque xa de sobra sabemos como actúan as institucións cando de destinar fondos públicos (de todas) a necesidades sociais en forma de pequenas esmolas se trata (moi distinto, ao xeito de tratar a grandes empresas con grandes subvencións, para as que non teñen tantos reparos, nin poñen tantas trabas); senón que o din eles! Por iso seguirán dando 6 meses de prazo ás novas perceptoras de RISGA que vivan en domicilios nos que haxa outra perceptora, para mudarse de domicilio. E con esta chulería na súa resposta, fican tranquilas e redimidas as súas conciencias!

No ODS Coia supoñen que Feijoó ou Rey Varela non explicarán nos medios as verdadeiras razóns deste incumprimento, que segundo persoal da Xunta non teñen orde de cumprir até que aproben o decreto que desenvolva a lei de 2013. Un decreto que, segundo fixaba dita lei, tiña que estar publicado en xuño do 2014. Polo momento a data de publicación é descoñecida. En todo caso, sairá moi reseso xa que levamos anos padecendo a indefensión e a vulneración coa que a consellería resolve os ocos da lei, completados a golpe de opacas instrucións, e interpretacións restritivas.

Existe un principio do dereito que se lle espeta dende as administracións á cidadanía o cal di “que a ignorancia da lei non exime do seu cumprimento”. Nos debemos cumprir, mentres eles ignoran o prazo fixado pola lei para elaborar e aprobar o decreto. Concluen pois, que non hai decreto porque non lles peta. Non hai decreto "xa que poñelo en marcha obrigaríalles a desenvolver os apartados máis beneficiosos da lei para nós". Non hai decreto posto que cos preto de 50 millóns de orzamento para 2017 terían que eliminar perceptoras ou ampliar a partida. Non hai decreto porque a RISGA está pensada para que as “usuarias” dos servizos sociais fiquemos asustadas e soas na miseria.

Pero igual que Lucía, que xuntou forzas para pelexar e gañar nun xulgado, hai moitas que non aceptamos as súas intencións e procuramos saídas colectivas á “mala vida” que nos presentan como única. Como veñen facendo, denunciaremos as súas políticas miserentas como é a RISGA e esxirán dereitos como a Renda Básica das iguais e moito máis.

Por iso no ODS Coia continuarán a buscar información para socializala. Por iso tecerán relacións e alianzas con aquelas profesionais e persoas que loiten polos dereitos de todas. Por iso denunciarán as violencias que padecen e tamén criticarán aqueles discursos de criminalización das empobrecidas. Por iso defenderán que as necesidades básicas non se tocan e que esiximos a repartición da riqueza.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar