Publicidade

Diário Liberdade
Domingo, 26 Fevereiro 2017 23:05

Marcha Mundial das Mulheres fai campanha em Vigo contra o machismo no Entruido

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Mulher e LGBT / Fonte: MMM

Reproduzimos o comunicado difundido pola Marcha Mundial das Mulheres em Vigo, informando da denúncia que nestes dias realiza da utilizaçom da imagem da mulher por parte da publicidade e vendas de disfarces de entruido.

Dende a Coordenadora local de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres queremos denunciar que a hipersexualización e cousificación da muller é cada vez máis evidente na televisión, na publicidade e en todos os ámbitos da nosa vida. Cada vez estamos máis presionadas cun rol de beleza imposible, no que non ten cabida o paso do tempo nin as formas diversas do corpo feminino, e temos que estar preciosas e perfectas as 24 horas do día. Ademais, debemos ser simples obxectos pasivos que serven para saciar os desexos sexuais dos homes.

O entroido non é alleo a isto e está a ser un claro espello do machismo máis descarnado. Así, cada vez vemos á venda máis disfraces dirixidos a mulleres de enfermeira “sexy”, bombeira “sexy”, pirata “sexy”...etc, fronte aos disfraces non sexualizados dos homes. Xa dende pequenas a fenda de xénero dos disfraces e cada vez máis evidente: Mentres os nenos se disfrazan de médico, bombeiro, súper heroe, guerreiro... as nenas podemos escoller nun amplo repertorio rosa de vestidos de princesas, fadas, damas, ou algún personaxe común cos nenos pero sempre con elementos claramente diferenciadores (saias, cor rosa...). Hoxe en día, incluso se está indo máis aló, e podemos ver á venda, en algúns sitios, disfraces abertamente sexuais para nenas de 8, 12, 14 anos.

Dende a Marcha Mundial das Mulleres denunciamos esta situación. Denunciamos as grandes cadeas comerciais que promoven e comercian coa desigualdade e reivindicamos que os disfraces non teñen xénero, que esta hipersexualización do noso corpo é parte da violencia machista e simbólica que sufrimos a diario as mulleres e potencia roles de xénero opresores.

Para isto, en Vigo, creamos esta campaña de concienciación sobre esta situación e acompañámola de diversas accións: O sábado 25/03, saímos a rúa disfrazadas e con carteis como os que enviamos adxuntos e repartimos o panfleto adxunto. Mesturámonos coa xente asistente para ver o desfile de comparsas e explicámoslle a nosa visión, finalmente pegamos estes carteis na zona do casco vello. Agora mesmo estamos a facer un traballo de difusión a través das redes sociais.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar