Matinsa, en xuño do 2013 canto colleu o servizo renovou chaquetón, cubre-pantalón, cascos (obrigados por prego de condicións), retirándonos os antigos, estando estes aínda en bo estado.
Naquel tempo pareceunos un escándalo, que os traxes do Salnes retirados aparecesen na empresa privada de formación(onde casualmente realizamos a formación, que a empresa Matinsa ten que pagar segun pego e convenio), onde a dia de hoxe seguen estando.
Como non podía ser doutra forma, infirmei persoalmente o agora ex-xegerente do consorcio, descoñecendo se este tomou algunha medida respecto.
Durante estes anos o resto dos traxes (do Morrazo e Porriño) estaban almacenados no parque de Rivadumia, algo que tanto a xerencia como os traballadores descoñeciamos. A sorpresa foi cando ese material sacouse para le balo a empresa de formación. O comité de empresa informou o actual xerente, e polo que sabemos a resposta de Matinsa e que os levaron a lavar(na empresa de formación non hai lavadores e curiosamente o consorcio comprou 3 lavadoras novas para limpeza de traxes de intervención)
A dia de hoxe hai compromiso por parte da xerencia da compra do segundo traxe, falamos dun desembolso importante de diñeiro, agradezco que satisfagan as nosas demandas mais lamentamos que todos estes anos careceramos deles por caprichos de empresa.
Adrian Pena descoñece se é legal ou non o que está a suceder, pero si entende que non é ético que os antigos traxes pagos con diñeiro público acaben nunha empresa privada e xa pedin o consorcio que faga un minucioso inventario de todo o material sobre todo o que non está en uso por medo a que desapareza.