O vindeiro venres día 27 de maio ás 6 da tarde, partindo dende a factoría de Alfageme na rúa Tomás Alonso, desenvolverase un roteiro seguindo a pista das industrias do barrio de Coia. Faremos un pequeno percorrido, no que poderemos contemplar arquitecturas de moito interese (asinadas por autores como Francisco Castro ou Gómez Román), pegadas dun pasado que pouco a pouco desaparece. Deste xeito, reflexionarase sobre o rol do patrimonio arquitectónico na nosa sociedade.
Organizan: IES Alexandre Bóveda – roteiroporcoia.es – Espazo Alicerces – A.VV. O Torreiro de Coia