Com estos peches, “unificación” chamanlle, queren empeorar o ensino público, porque Xunta do PP sigue fielmente a sua folla de ruta de desmantelar todo o público ao servizo do negocio privado; importalle ben pouco todas as preguntas parlamentarias, eles só teñen que respostar ás preguntas que lles fagan desde a Igrexa, os banqueiros e capitalistas. Non se deben a ningum Parlamento, senon os interesse dos que lles puxeron aí.
Tampouco lles move a conciencia os “chamados” das cúpulas sindicais á “responsabilidade” e a poñer orde na planificación do ensino. Non é um problema de “planificación”, mas tamen de organiza-lo caos, para “em rio revolto, gaño de pescadores”. O “caos” organizado beneficia a aqueles diante dos que respostan Feijoo e os seus conselleiros, a Igrexa, os donos da privada.
A única responsabilidade que teñen é garantir que a privada fai negocio. Para elo teñen as medidas que desde o Goberno central e a Unión Europea, como o control do déficit, lles dictan.
Por isso, só a mobilización sostida no tempo ate gañar pode frear os planes de peche, sem nengunha confianza que ningun governo, Xunta ou Central, vaian facer algo distinto. Calquera pacto parcial so conduce a alongar o sufrimento, pois mais cedo que tarde, voltarán cos peches... so que xa terían conseguido a división entre os que apoian um pacto e os que non.
A loita contra os peches tem que ser, como sempre fixo a classe traballadora, “ou todos ou ningún”; non collen “salvese que poda”, porque o final, como din o poeta, viran a por min... so que mais débil. Os demais xa estarían derrotados.
Corrente Vermella chama á poboación traballadora a acudir á concentración, o 29 de xuño, ás 11 da mañan, na Consellería de Educaciòn (San Caetano), Compostela.