Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 20 Julho 2017 20:29 Última modificação em Quinta, 20 Julho 2017 20:38

Dionisio Pereira historiador: "'Os nomes do terror' é um contundente alegato contra a impunidade histórica dos genocidas do franquismo"

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Antifascismo e anti-racismo / Fonte: Sermos Galiza

Falamos con Dionisio Pereira, un dos coordinadores de Os nomes do terror (editado por Sermos Galiza), a primeira obra que aborda a nivel nacional a represión no franquismo desde a perspectiva dos verdugos, que será presentada o vindeiro 25 de xullo ás 17 horas no Festigal.

- Este é o primeiro traballo global que aborda o tema dos represores en Galiza. Cres que xa pasou tempo abondo para afrontalo sen que haxa problemas xurídicos? Precisamente ti fuches denunciado (e sobreseído) por poñer nomes enriba da mesa...

- Se acaso é o primeiro traballo colectivo e cunha perspectiva de conxunto do país, mais compre lembrar que outros autores xa teñen transitado dabondo por esta temática, caso de Gonzalo Amoedo, cuxo libro “A Memoria e o Esquecemento. O Franquismo na provincia de Pontevedra” (Xerais, 2010) é unha achega relevante, ou de Manolo Pazos que leva ben anos a investigar e publicar sobre os represores na súa bisbarra de Ordes. O tempo inflúe, dende logo, na práctica desaparición tanto dos vitimarios activos na contenda civil e na inmediata posguerra, como de moitos dos seus achegados máis directos e iso pode explicar o feito de que as denuncias contra investigadores e investigadoras diminuíu nestes últimos dez anos. Porén, nin as peculiaridades do aparato xudicial español, que tanto acepta como rexeita a consideración da historia oral como proba, nin as continuas reformas a cada máis involutivas do Código Penal, nin o ambiente de impunidade que disfruta o franquismo subxacente que aínda condiciona o exercicio real do poder en España, nos permiten ser confiados e dar por concluído o capítulo da xudicialización do traballo de investigación das actividades represoras. Os condicionantes ao labor de historiadores/as e investigadores/as, aínda existen. E continuarán interferindo no seu labor en tanto en canto non se conforme un entorno xurídico-político plenamente garantista e un ambiente social maioritariamente receptivo. Direiche, ao cabo, que no libro de SERMOS fumos todos e todas moi prudentes, documentando até o exceso os diversos relatos e ollando sempre para o retrovisor, polo que puidera acontecer.

- Cales son as principais achegas deste libro?

nomes- O libro está construído dende diversas sensibilidades, ben apreciables nos diversos traballos que o compoñen, mais cunha avinza de base que pretende remover conciencias: ao cabo, é un contundente alegato contra a impunidade histórica dos xenocidas. Como sinalamos no Limiar colectivo, dende a chamada Transición producíuse unha interesada confusión, que deu en converter a impunidade no plano xurídico dos crimes do franquismo consagrada pola Lei de Amnistía de 1978, nunha absolución en termos de relato histórico. Nós non somos xuíces, nin temos nas nosas mans acometer as mudanzas que rematen coa impunidade xurídico-política, mais como historiadores/as si podemos achegar os nosos coñecementos para guindar na papeleira da Historia a impunidade dos represores. Dende a miña perspectiva, este pulo ético é a principal achega da publicación.

- Aínda quedan comarcas e temáticas por cubrir. Neste sentido pode ser un libro iniciático, non?

- A nosa intención é crear ambiente e transmitir ánimos a todo aquel ou aquela que considere preciso realizar monografías nas súas respectivas zonas. Entre todos e todas rachar o medo que aínda existe (cónstanos) en moitos lugares e que ten como consecuencia que a transmisión oral (única fonte coa que contamos en moitas ocasións para estudar a chamada 'represión paralegal') se faga tan só cos achegados e case que coa obriga de gardar o segredo, mentres aos que andamos a investigar se nos considera como xente que pode xerar problemas…. Isto, por exemplo na Terra de Montes, é algo relativamente habitual; dou fe. Retornando á pregunta, sendo consciente das limitacións de espazo do libro, boto en falta traballos por facer focalizados en zonas tan castigadas como Vigo e a súa contorna, o Baixo Miño, Monforte ou a bisbarra ourensá de Monterrei-As Frieiras. Agardo que no futuro este panorama mude.

- Que cres que suporá este libro para a historiografía desta época? Animará a outros historiadores/as a completar as comarcas e os temas pendentes?

- Iso, como dixen, é o que pretendemos e penso que hai xente dabondo capacitada para que así sexa; agardo, tamén, unha presenza máis determinante tanto das investigadoras como da temática de xénero, pois determinado tipo de represalias (as delacións, por exemplo, en colaboración coa igrexa católica) tiveron notoria presenza feminina. O libro representa, ademais, un moi saudable punto de encontro entre a precisión historiográfica do mundo académico e o compromiso socializador dos que eu chamo con especial agarimo “francotiradores”, aínda que as devanditas virtudes non sexan privativas de uns e outros. É todo un camiño a percorrer en diante.

- Aínda hai arquivos que non son de dominio público. Cres que achegaría moitos novos datos?

- Naturalmente, no meu traballo en concreto, a consulta dos arquivos da Delegación de Orden Público e da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, sería do máximo interese para coñecer con precisión o que aconteceu nas datas fatídicas do 11 e 12 de agosto de 1936, nas que seis veciños da Terra de Montes foron asasinados e outro foi deixado por morto. Sabemos que as executoras foron as milicias falanxistas coa axuda dalgún cívico de Víctor Lis Quibén, mesmo transcenderon algúns nomes sinalados en memorias persoais ás que tivemos acceso, mais a documentación emanada polas instancias devanditas deixaría ben ás claras a cadea de mando responsable… Mais non confío en que se poida acceder a eses e outros arquivos (os penitenciarios de numerosas cadeas galegas, por exemplo) mentres non haxa o réxime garantista e o apoio social aos que facía referencia antes. Ese é un labor cívico no que o movemento memorialístico debería estar en vangarda.

- Cales dirías que son as tipoloxías de represores que houbo en Galiza? No teu estudo sobre a Terra de Montes a procedencia e extracción social é diversa: curas, empresarios, familias acomodadas, antigos esquerdistas...

- Nun magno traballo titulado “Así aprenderán a non ter ideas. Agrarismo, caciquismo e República en Cerdedo” (Morgante, 2016), o escritor Calros Solla establece para aquel concello pontevedrés que é doado enxergar conexións entre os sinalados como presuntos participantes en actividades represivas e aqueloutros que ocupaban, dende o albor do século XX, o poder local. Concordo con este diagnóstico, se acaso extensible ao conxunto da Galiza rural. En xeral, a defensa dos privilexios ameazados polos movementos sociais durante a República e a represión levan camiños paralelos. Os represores e represoras atenden a esta lóxica, máis que a valoracións morais de maldade ou psicolóxicas.

- No teu traballo sobre esta comarca inclúes vitimarios de todo tipo: desde os que pasearon até delatores e delatoras, o aparello económico arredor de todo isto, expropiacións... e tamén a onde chegaron, ou como moitos deles foron aupados polo réxime. O poder de algún deles traspasou as barreiras do propio réxime e chegou a alcalde, non?

- Antes que nada, quixera apuntar que no libro tratamos aos represores como “suxeitos históricos” inmersos en confrontacións sociais, lonxe de calquera intencionalidade implícita ou explícita de axustar contas, individual ou colectivamente. Non hai nas nosas investigacións, que só procuran a verdade a partir do coñecemento científico, lugar para consideracións persoais. Dito isto, pódese dicir que, mesmo na década dos 50 do século pasado, o poder municipal estivo encabezado na Terra de Montes pontevedresa por falanxistas que tomaron parte activa no golpe militar. Porén, tamén entre os represores houbo clases e mesmo algúns deles de procedencia máis humilde deberon emigrar ás Américas, visto o pouco proveito que tiraron do novo réxime tras o seu violento e interesado compromiso cos vencedores. 

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar