Unha das Rutas de Historia pasan pola Ponte Maceira
Fermosa aposta pola recuperación da nosa historia a que nace da man do portal Historia de Galicia ao amparo de varias entidades
Unha das Rutas de Historia pasan pola Ponte Maceira
Fermosa aposta pola recuperación da nosa historia a que nace da man do portal Historia de Galicia ao amparo de varias entidades
de defensa do patrimonio. Mariña Patrimonio, Patrimonio Galego, Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Colectivo Capitán Gosende ou a Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo son algúns dos grupos que queren recuperar o seu pasado con estas Rutas de Historia.
Rutas de Historia xa inclúe Andainas polo Monte Seixo, a Serra do Barbanza, Ponte Maceira, a raia húmida, A Fonsagrada, Trives ou Betanzos. Rutas que pretenden poñer en valor parte do “escenario paisaxistico e cultural que marcan parte da historia galega”, como explica Xurxo Salgado, alma do proxecto.
Espera seguir espallando por toda Galicia estes roteiros históricos, que queren servir para “fixar na poboación a idea de que as pedras, os vellos mosteiros, castelos e castros, ou as lendas de mouros e reis teñen unha importancia cultural e natural fundamental para entender a idiosincrasia de Galicia”.
Xa están pensadas 7 rutas (do 17 de setembro ao 28 de outubro), que contarán con guías como Manuel Miranda, presidente de Mariña Patrimonio; Miguel Losada, secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA); Carlos Solla, investigador e impulsor do colectivo Capitán Gosende; Manuel Gago, director de Cultura Galega e investigador; Jose Souto e Angel Arcay, impulsores da Asociación Amigos do Parque do Pasatempo; Elixio Vieites, investigador e membro de Patrimonio Galego e Xurxo Salgado, director de Historia de Galicia.
Doaçom de valor livre: |
Microdoaçom de 3 euro: |
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759