Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 01 Novembro 2017 13:17 Última modificação em Segunda, 06 Novembro 2017 16:12

CIG-Saúde mantém convocatória de greve no Sergas nos dias 2 e 3 de novembro

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: CIG

Chama á concentración diante da consellaría de Sanidade para o día 3 de novembro, ás 11:00 h

A CIG-Saúde mantén a convocatoria de greve para os días 2 e 3 de novembro. Asegura que non se vai sumar a sinatura do acordo do Sergas coas organizacións sindicais da plataforma porque “simplemente non se solucionou ningún conflito”. Considera que a proposta presentada polo Sergas sobre carreira profesional deixa máis dúbidas que certezas e denuncia que, en todo caso, non se recupera ningún dos acordos suspendidos. Por iso fai tamén un chamamento a participar na concentración convocada para o día 2 de novembro, ás 11:00 horas, diante da consellaría de Sanidade, en San Lázaro.

A CIG-Saúde explica que a proposta sobre carreira profesional vai incrementar as diferenzas salariais existentes entre as/os profesionais do mesmo colectivo e chama a atención sobre todos os aspectos que quedan no aire: “Non sabemos canto vai ser a contía dos graos desta carreira, non temos ningunha garantía de que, como mínimo, sexan iguais aos da carreira extraordinaria”.

Xunto a isto asegura que non se sabe cantos anos de antigüidade se van solicitar para cada grao, nin a permanencia nun grao para progresar ao seguinte. “O sistema de encadre é de só 1 grao e desde aí de 0 vai xerar grandes desigualdades dentro do mesmo colectivo xa que hai moitas persoas con varios graos perdidos”, explica.

Ademais, denuncia que non hai compromiso firme de cobrar no ano 2019, porque vai depender da dispoñibilidade orzamentaria e que se descoñece o ámbito de aplicación, só hai seguro que vai afectar ao persoal fixo. Advirte ademais que “estas condicións son iguais para todos os colectivos, incluído o persoal facultativo”.

Nada de recuperación dos demais acordos suspendidos

Á marxe da carreira profesional o SERGAS non contempla a recuperación de ningún dos outros acordos suspendidos porque “Feijóo non permite que se cumpra ningún acordo asinado durante o goberno bipartito, esquecendo que as organizacións sindicais asinamos acordos coa administración e non co partido político do goberno”, denuncia.

A CIG-Saúde entende que non se pode renunciar aos acordos retributivos 2008/12 suspendidos desde a chegada de Feijóo, que condenan ao persoal do SERGAS a ter as retribucións máis baixas do resto dos servizos de saúde do Estado e da Xunta de Galiza. Denuncia ademais que o goberno do PP tampouco quere falar dos acordos de primaria. “Non podemos aceptar que colectivos como os de PAC queden de modo permanente cun 20% menos de pago pola atención continuada. Isto debería formar parte do seu salario”.

Para a CIG-Saúde as reivindicacións sindicais seguen pois plenamente vixentes. “Somos conscientes de que a realidade mudou co acordo do SERGAS coas organizacións sindicais CCOO, UGT, CSIF, SATSE, SAE e CESM-OMEGA, pero as razóns que nos levaron a convocar a greve persisten”, aclara.

Avanza ademais que tampouco acepta a modificación da Lei de Saúde de Galiza e que vai seguir loitando pola recuperación dos acordos suspendidos e por unha carreira profesional digna para todos os colectivos. Adianta que se deseñará un calendario de mobilizacións coa participación das traballadoras/es “até conseguir recuperar o que estre goberno nos leva roubado desde o ano 2010”.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar