Publicidade

Diário Liberdade
Segunda, 28 Mai 2018 14:10 Última modificação em Segunda, 04 Junho 2018 00:49

Pessoal de Atento fai paralisaçons e concentraçons na Corunha por umhas condiçons laborais dignas

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: CIG

A empresa segue coa política de acoso, persecución e despedimentos.

✍️ Inscreva-se em nosso canal no Youtube e acompanhe nossos vídeos e o programa Conexão Caracas, todas as semanas direto da Venezuela 

Traballadoras e traballadores de Atento na Coruña están desenvolvendo este luns a primeira xornada de paros laborais en rexeitamento aos despedimentos arbitrarios e a política de presións, acoso e ameazas que xa é unha práctica habitual nas relacións laborais nesta empresa. A isto, denuncian, hai que sumar as coaccións da mutua para que o persoal acurte a duración das súas baixas e se reincorpore ao seu posto aínda estando enfermo.

Para dar máis visibilidade a este conflito, os traballadores e traballadoras realizan concentracións diante das oficinas de Atento na céntrica rúa Juan Flórez, coincidindo coas horas dos paros laborais. Así houbo protesta este mediodía e volverase repetir ás 18 horas desta tarde.

Suspensión de emprego e soldo por 11 días

Ningunha das denuncias do comité de Atento é unha novidade. O persoal leva meses reclamando da dirección o cese dos abusos e un cambio radical nas relacións laborais, pero a única reposta son máis despedimentos, "que chegan a contagotas", e presións. De feito, nos últimos tempos o acoso tense acusado de xeito especial no departamento Gran Público, mentres que no de CAT-ADSL faise un "control continuado do persoal baseándose nunha 'xestión de desempeño' que en realidade só busca perseguir, controlar e sancionar as/os traballadoras/es".

A situación é tal, denuncia Mónica Díaz Carrodeguas, secretaria do comité e delegada da CIG na empresa, que "se están a dar casos de persoas que reciben sancións con suspensión de emprego e soldo durante 11 días, que é unha auténtica barbaridade, por motivos totalmente arbitrarios e que escapan do control dos e das traballadoras".

Ademais, con estes paros o comité tamén quere rexeitar a "pésima xestión das vacacións" de todo o centro, xa que a empresa non garante o goce das mesmas en período estival, e “ameaza” con asignalas “a dedo” de maneira unilateral.

Presións tamén da mutua

A todo isto hai que sumar as rexeitábeis actuacións por parte da mutua, que fai unha atención superficial do persoal que acode a consulta, mesmo con diagnósticos errados, e que aínda por enriba, exerce fortes presións para que os/as traballadores/as acurten as súas baixas.

Para enfrontar estes abusos e ante a falta de resposta adecuada por parte da empresa, o comité acordou iniciar un calendario de paros de unha hora por quenda de traballo e mobilizacións que se repetirán de xeito indefinido os luns de cada semana.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar