Publicidade

Diário Liberdade
Domingo, 29 Julho 2018 16:42 Última modificação em Sexta, 03 Agosto 2018 05:37

As contrataçons estivais no setor serviços maquilham dados da EPA na Galiza

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: CIG

Mesmas políticas, mesmos resultados: máis precariedade, temporalidade e parcialidade.

A creación de emprego no sector servizos, coincidindo co período estival, está a salvar os datos do segundo trimestre da EPA, que hoxe publica o Instituto Nacional de Estatística. O incremento do 2.4% da ocupación que reflicte a Enquisa de Poboación Activa prodúcese fundamentalmente neste sector (onde a ocupación sobe un 3.8%), ocultando así o continúo deterioro do sector primario (básico para o noso país), no que se reduciu a ocupación un 6.2% na agricultura e un 13.4% na pesca. Ademais, a industria, que sufriu unha forte perda de emprego no período máis duro da crise, tamén segue destruíndo postos de traballo.

Para o secretario Confederal de Emprego da CIG, Francisco Cartelle, estes datos reflicten que, malia o cambio de Goberno "séguense aplicando as mesmas políticas que dan os mesmos resultados: máis precariedade, máis temporalidade e máis parcialidade no emprego". Neste senso, subliña que "non hai nada do que parabenizarse, pois de pouco vale que se aumenten as porcentaxes de ocupación se todo o emprego que se crea é precario e non se mudan as políticas laborais".

60.000 fogares con todos os membros no desemprego

En datos absolutos, á poboación ocupada situouse durante o segundo trimestre do ano nas 1.075.000 persoas e o número de galegos e galegas desempregadas acadan as 175.000 persoas. Un dato a ter en conta é que aumenta a ocupación entre homes e mulleres, pero a taxa de desemprego (situada no 14%) descende máis entre os homes que entre as mulleres.

Malia os resultados da EPA, para a CIG resulta preocupante a precariedade do emprego que se crea, pois entre as persoas asalariadas con contrato temporal -segundo os datos que se coñecen-, aumentaron un 30% os contratos cunha duración de 1 a 3 meses e un 38% os contratos de un só día. É dicir, hai 6.000 galegos e galegas máis cun contrato de traballo de 1 a 3 meses e outras tantas con contratos de 3 a 6 meses.

Para a central nacionalista tamén resulta especialmente grave que haxa 60.600 fogares que teñen polo menos a unha persoa en idade de traballar, pero nos que todos os seus membros están no desemprego.

Reverter a baixa calidade do emprego

A CIG entende que é o momento de actuar sobre a calidade do emprego para garantir que ter un traballo signifique poder vivir en condicións dignas. Neste senso hai que subliñar que a maior parte dos contratos que se rexistran son de escasa duración e cun salarios miserábeis. Tanto é así que a día de hoxe, en Galiza, hai un 30% de asalariadas e asalariados que perciben ao ano uns ingresos inferiores ao SMI.

Reverter esta situación, sinala Francisco Cartelle, só conseguirá cun cambio nas políticas económicas e a derrogación das reformas laborais e da negociación colectiva aprobadas polo PSOE e o PP. "Do contrario, advirte, continuarase precarizando e deteriorando o mercado laboral".

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar