Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 01 Agosto 2018 18:55 Última modificação em Domingo, 05 Agosto 2018 05:25

As denúncias da CIG obrigam Coren a incorporar ao seu quadro de pessoal mais de um milhar de falsos/as autónomos

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: CIG

A central sostén que se trata dun paso máis na loita por regularizar a situación laboral destes/as traballadores/as e insta as empresas a cesar as coaccións e presións e a persecución sindical.

A secretaria nacional da FGAMT-CIG, Dores Martínez, compareceu hoxe en rolda de prensa en Ourense para valorar o anuncio do grupo Coren de que a partir deste mércores día 1 incorporará ao seu cadro de persoal como traballadores/as por conta allea ao máis dun milleiro de falsos/as autónomos/as que prestan servizo en todos os seus centros de traballo (Coren, Frigolouro, Novafrigsa, etc.) a través da falsa cooperativa Servicarne. A decisión chega como consecuencia da loita do persoal falso autónomo organizado na CIG e da intensa campaña de denuncias tramitadas pola central na Inspección de Traballo, que obrigou as empresas a dalo de alta no réxime xeral da Seguridade Social.

En primeiro lugar, Martínez trasladoulle os parabéns por este novo paso adiante a todo o colectivo de persoas afectadas e a todos/as aqueles/as que tiveron o valor de iniciar no seu momento unha loita que non é doada para que lles recoñecesen os dereitos derivados da súa relación laboral.

Sinalou que esta decisión é unha etapa máis dentro das que se veñen dando dende que se iniciou este tema, polo que non podemos dicir que o conflito do falso persoal autónomo está solucionado. A primeira delas foi falar coas empresas afectadas para facerlles ver que tiñan un colectivo de persoas enorme nunha situación de absoluta ilegalidade e sometido a condicións de explotación, polo que era necesario incorporalo á legalidade laboral.

“Desgraciadamente, a resposta por parte do grupo Coren foi de certa arrogancia e prepotencia que os levou a negar a maior. Diante disto, optamos por iniciar o camiño da denuncia diante da Inspección de Traballo e dos Xulgados”.

Indicou que este foi un paso crucial porque se logrou que este mesmo ano a dirección especial da Inspección recoñecese o que a CIG viña denunciando dende o ano 2016 (que se trata de falso persoal autónomo e que Servicarne é una falsa cooperativa) e obrigase ás empresas afectadas a dar de alta no réxime xeral da Seguridade Social a este colectivo.

Mais a resposta das empresas foi tamén negar a maior e facer caso omiso aos requirimentos, o que provocou que e executasen de oficio e se dese de alta a estes/as traballadores/as.

Quixo deixar moi claro que o anuncio feito onte polo grupo Coren non fai parte de ningún trato de favor cara a estes/as empregados/os, senón que a empresa vese obrigada a facelo para cumprir coa legalidade, unha vez que fracasou o seu intento de lograr que a Inspección paralizase o expediente mentres Coren e as outras empresas recorrían a decisión.

“A partir de agora temos que ver como seguimos avanzando na regularización deste persoal e na mellora das súas condicións laborais: é necesario regularizar a xornada, establecer horarios de traballo, fixar os días de descanso semanais, aplicar o convenio colectivo en todos os seus termos, cumprir a lei de riscos laborais, etc”.

Coaccións e presións

Tamén fixo un chamamento ás empresas para que cesen de inmediato as coaccións e presións cara a este colectivo, xa sexa para que a asinen voluntariamente a súa renuncia a seren incluídos no réxime xeral da Seguridade Social, para que deixen de traballar coa promesa de ofrecerlles máis tarde un contrato na empresa, “iso si, eventual e a tempo parcial” ou para que desistan de facer os trámites encamiñados a regularizar a súa situación.

De igual xeito, reclamoulles que poñan fin á persecución sindical daquelas persoas que dun xeito ou doutro están a identificar coa CIG, “que deixen e investigar para saber que persoas participan nas asembleas e nas mobilizacións que convoca a central e que persoas reparten boletíns informativos nas empresas”. Finalmente, instounas a asumir que calquera acción sindical organizada a través desta central é totalmente legal. “Todo o que está a facer este colectivo organizado con nós non é outra cousa que defenderse contra a explotación e contra a ilegalidade da súa situación laboral”, rematou.

Pola súa banda, un dos traballadores de Servicarne que participou na comparecencia diante dos medios de comunicación xunto á secretaria nacional da FGAMT-CIG denunciou os “despidos discriminatorios” que se produciron na empresa dende o inicio do conflito e asegurou que “loitando todo se consigue”.

Cualificou de “gran paso” a decisión que tivo que tomar Coren de cara á regularización da súa situación laboral. Lembrou que no seu caso pertenceu a unha das empresas usuarias e contaba con condicións laborais que marca o convenio do sector, mais foi obrigado a pasarse á falsa cooperativa Servicarne, o que lle supuxo un drástico empeoramento das súas condicións de traballo.

En canto ás presións que reciben por parte das empresas, detallou que incluso lles comunicaron que a partir de agora as súas condicións non van mudar, que van seguir cobrando o mesmo, e que o único que fan coas súas denuncias e prexudicar a empresa e incluso provocar a perda de clientes, até o punto de asegurarlles que “as cousas poden ir a peor”.

Falta de apoio do resto de sindicatos

Ademais, fixo fincapé na falta de apoio que durante todo o proceso tiveron por parte do resto de organizacións sindicais. “O único que nos deron foi 'apoio moral' -ironizou-, pero agora que hai resultados todas se soben ao carro”. De feito, denunciou que no transcurso das mobilizacións chegaron a dicirlles que ese non era o camiño. “O tempo deunos a razón e demostrou que si que era o camiño e que os que estaban equivocados/as eran eles/as”.

Finalmente, chamou a seguir loitando até lograr a regularización definitiva das condicións laborais de todo o persoal falso autónomo.

O último en tomar a palabra foi o secretario comarcal da CIG de Ourense, Anxo Pérez Carballo, que salientou a valentía deste grupo de traballadores/as que coas súas denuncias logrou “dobrarlle o pulso a Coren” e indicou que “é o conxunto da clase traballadora a que lle ten que estar agradecida a estas persoas que coa súa actitude lograron romper un sistema de terror empresarial e de coaccións e foron quen de tirar cara adiante”.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar