Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 21 Julho 2016 16:12 Última modificação em Domingo, 24 Julho 2016 14:10

CUT desmente argumentos da PSA Citroën para justificar ERE na Galiza

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: CUT

A CUT desexa "facer unhas aclaracións con datos aportados pola dirección na reunión do comité de empresa celebrado no día de onte, e o que realmente remítese a prensa pola empresa así por un comunicado enviado polo SIT-FSI, sobre previsións pesimistas, que non contrastan co que anuncia a empresa no día de onte, confirmando horarios altos nas quendas variables, e xornadas no mes de agosto extraordinarias".

Unha vez finalizado o primeiro semestre do ano, e coñecidos os datos de produción ata o mes de xuño, dende a Sección Sindical da CUT en PSA-Vigo, cren necesario facer unha pequena valoración do acontecido o longo do ano, así como das previsións para os vindeiros meses.

DATOS

Finalizado o ano 2015, as previsións para este ano 2016 oscilaba entre 385.000 e 420.000 automóbiles. O ano 2015 finalizouse cunha produción de 407.000 vehículos fabricados, sobre unha previsión tamén inicial de 394.000 vehículos, polo tanto superior a do ano 2014. Nese ano 2015, a empresa abriu un ERE de extinción para 110 traballadores/as, que levouse a cabo, argumentando unha baixada produtiva, igual que fai para este ano 2016, no cal tamén plantexa outro ERE extintivo para 400 traballadores/as, cos mesmos argumentos.

Este ano 2016, como no ano anterior, as previsións foron revisadas a alza no mes de abril, ata as 430.000 unidades. E no mes de maio foron de novo incrementadas ata os 440.000 vehículos. Previsións que foron revisadas posteriormente a baixa en 12.000 vehículos, a finais do mes de xuño, días antes da celebración do xuízo co motivo da denuncia do ERE por parte deste sindicato, ao seu entender tendenciosamente. Pero que aínda sendo certas, finalizariamos este ano 2016 con 428.000 vehículos fabricados, polo tanto con un incremento de 27.000 vehículos superior o do ano anterior, polo tanto estamos a falar dun incremento do 5% con respecto o ano 2015.

Iso en canto a previsións, se falamos de datos reais dicir: que PSA Vigo rozou os 200.000 coches entre xaneiro e maio tras crecer a súa produción un 6,33%. E ata o mes de xuño a produción acumulada foi de 243.197 vehículos, un 7´84% superior a do ano 2015

VALORACIÓN

Ata o mes de xuño, traballáronse sábados e domingos extraordinarios, a previsión de produción de este ano a pesar da rebaixa produtiva, segue estando por riba das mais optimistas previsións coas que comezamos o ano (a xaneiro as previsións situábanse nunha horquilla de entre 385.000-420.000 vehículos e remataremos o ano entorno os 428.000 vehículos).

Datos similares os do ano 2008, pero cunha gran diferenza, o numero de traballadores/as. Se no ano 2008 eran necesarios 8.500 homes e mulleres para fabricar 440.000 vehículos, este ano con menos de 5.500 traballadores/as no peor dos casos vanse fabricar 428.000 vehículos.

PREVISIÓNS VINDEIROS MESES

As previsións para os próximos meses, se damos por bos os datos proporcionados pola empresa, datos que xustificaron o ERE 2016-2018, fala dun futuro sen xornadas extraordinarias e incluso dunha redución na cadencia do Sistema 2.

A pesares de esta malas previsións para o centro de Vigo; no mes de agosto comunican  vanse realizar un total de catro xornadas extraordinarias. O cal unido as previsións do sector, que falan dun mercado a alza que son constatables en fontes do Ministerio de Industria, ou organismos como ANFAC, polo menos para a CUT, fai difícil crer as negativas previsións debuxadas pola empresa, e argumentadas polo sindicato maioritario e que foron feitas publicas pola prensa.

Previsións negativas que non foron vislumbradas polo GRUPO PSA ata que se achegaba como diciamos a data do xuízo de impugnación do ERE-ERTE 2016-2018. Nin durante a negociación do ERE, mes de marzo, nin nos meses posteriores as previsións non pararon de crecer, e continúan a crecer.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar