Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 09 Agosto 2016 17:13 Última modificação em Quinta, 11 Agosto 2016 17:03

Galiza mantém possibilidades de classificaçom após primeiros jogos do Mundial de Futebol Gaélico

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Cultura/Música / Fonte: AGFG

Primeiros resultados das nosas Seleccións nos Dublín 2016 Etihad Gaa World Games.

No grupo B da competición feminina e nun partido disputado ás 11h hora galega, a Selección da Asociación Galega de Fútbol Gaélico gañou á Selección 2 da Asociación Europea por un resultado de 5 goles e 7 tantos (22 puntos en total) a 0. O partido foi dominado de principio a fin pola Irmandiña que xa marchou ao descanso mandado por 7 puntos, cunha grande actuación da dianteira da Estrada Lucía Cortizo.

Ás 15:30h xogaron o seu segundo partido contra un dos “cocos” do seu grupo, Canadá, que efectivamente non deron descanso ás galegas e gañaron ás nosas por 1-00 (3) a 0-10 (10). As xogadoras canadianas son unhas das grandes favoritas para o triunfo final nos Campionatos.

A clasificación das galegas depende agora do último partido da fase de grupos (hoxe ás 18:30h) contra outra desas favoritas, a Selección da Asociación de Nova Iorque, que chega aos GAA World Games precedida de moi bos resultados. Unha derrota das galegas deixaría á nosa Selección fóra da pelexa polo título.

RESUMO DE RESULTADOS DA SELECCIÓN GALEGA FEMININA:

Galicia 5-07 (22) Europe2 0-00 (0)

Galicia 1-00 (3) Canadá 0-10 (10)

No grupo C da competición masculina Selección Galega gañou a Bretaña por un contundente 4-05 (17) a 0-03 (3). A pesares do resultado, o partido non foi sinxelo pois os nervios da estrea fixeron que os galegos errasen moitos tiros a paos que normalmente anotarían, chegándose ao descanso cun empate a 2 tantos. Mais a superioridade galega por fin tivo o seu premio na segunda parte onde os bretóns sucumbiron con claridade. O dianteiro compostelán Rubén Leborán, dianteiro indiscutíbel da nosa Selección, marcou 2 goles e 1 tanto e foi determinante no encontro.

Na tarde veu o 2º partido dos rapaces. Sudáfrica agardaba pola Selección Galega con moita rabia pois os nosos eliminaran ó seu equipo nas semifinais dos pasados Mundiais en Abu Dhabi e esa derrota aínda estaba fresca na mente dos Bafana Bafana. O partido foi para ensinarlle aos fillos para que aprendan o bonito que pode ser o fútbol gaélico. A primeira metade foi moi intensa, con moitas faltas e pouca anotación, chegando ao tempo de lecer cunha vitoria 2-0 dos galegos (Mario e Leborán). Na segunda parte desatáronse as hostilidades e o partido converteuse nun toma e dálle continuo que levou o xogo a uns nível físico de altísima esixencia. Os africanos meteron un gol e adiantáronse 2-3, devolveulles o gol Galicia para poñerse cun 5-3 a favor (Leborán), empataron os seus rivais con 2 tantos e Galicia volveu adiantarse, de novo cun tanto a paos de Leborán. Cun 6 a 5 se chegou os últimos minutos pero, desgraciadamente, os sudafricanos anotaron o empate na derradeira xogada dende 45 metros.

O empate definitivo 1-03 (6) a 1-03 (6) dificulta tamén as posibilidades dos nosos xa que o seu terceiro partido tamén será contra a poderosa Selección de Nova Iorque. Unha vitoria ou un empate clasifica a Galicia para a fase final polo Campionato, en caso de derrota teremos que botar man da calculadora para valorar a diferenza de puntos con Sudáfrica.

RESUMO DE RESULTADOS DA SELECCIÓN GALEGA MASCULINA:

Galicia 4-05 (17) Bretaña 0-00 (0)

Galicia 1-03 (6) Sudáfrica 1-03 (6)

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar