Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 09 Agosto 2016 17:37 Última modificação em Quinta, 11 Agosto 2016 17:32

CIG denuncia que pessoal das brigadas anti-incêndios está a ser contratado em precário por empresas privadas

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: CIG

Adverten sobre o desmantelamento do servizo público contra incendios forestais e o uso privado das bases helitransportadas.

O sector de Autonómica da CIG-Administración denuncia que o Goberno de Feijóo segue a avanzar no desmantelamento do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) e critica o uso das bases helitransportadas da Xunta polas empresas privadas. Dende a central advirten que o persoal público das brigadas “con experiencia e preparación” está a ser substituído por outro de empresas privadas sen que haxa ningunha garantía da profesionalidade e que está a ser contratado nunhas condicións de absoluta precariedade laboral, incluída a seguridade.

Segundo sinalan dende a federación de Administración da CIG, dende o inicio do seu mandato o actual presidente da Xunta decidiu prescindir da prevención porque ten un custo elevado “e non é un bo negocio para os seus amigos das empresas privadas”. A central critica que o Goberno galego fíe a loita contra os incendios forestais á climatoloxía, “sen facer prevención, desmantelando paso a paso o SPDCIF e regalándolle os contratos suculentos ás empresas amigas”.

Así, lembran que durante anos o persoal das brigadas helitransportadas pertencía á Administración autonómica e contaba con experiencia e preparación para combater os incendios forestais na primeira liña de lume. A propia Xunta, no artigo 3.19 do V Convenio, comprométese ao mantemento das brigadas helitransportadas existentes e inclúe a posibilidade de novas creacións. Mais nos últimos anos a tendencia é facer a contratación mediante empresa privada, relegando as bases da Xunta á mínima expresión.

Este ano, nun chanzo máis no desmantelamento do servizo, as brigadas helitransportadas que aumentaron en relación ao ano pasado tamén serán da empresa privada, na que non hai ningunha garantía da profesionalidade do persoal, contratado nunhas condicións de absoluta precariedade laboral, incluída a seguridade, segundo denuncian. “E para que o negocio destas empresas sexa seguro e abondoso a Xunta pon á súa disposición as bases que construíu e mantén cos seus orzamentos: heliportos, talleres, depósitos, casetas de vixilancia, etc.”, critican.

Negocio para as empresas

Neste senso, lamentan que mentres as brigadas da Xunta teñen unhas bases que en moitos casos non cumpren a normativa de seguridade e saúde laboral, as empresas privadas fan “negocio redondo” utilizando as bases das desaparecidas brigadas helitransportadas. Como exemplo citan o que acontece coas brigadas da empresa pública Seaga en Guntín ou na Fonsagrada, que teñen que utilizar como base unha caseta de obra na que en ocasións a temperatura chega aos 50 graos. “Pola contra, os propietarios das empresas amigas non teñen que gastar nada na construción, aluguer ou mantemento das súas bases porque xa llo pagamos entre todos/as”.

Diante disto, sosteñen que o Goberno de Feijóo ten demostrado que non lle importa nada que arda o monte, que non ten ningunha política definida sobre a explotación, racionalización e mantemento das áreas forestais e que non é capaz de organizar cun mínimo de coherencia o SPDCIF. “O único que lle importa ao presidente é mentir sobre a superficie arrasada polos lumes, ocultar a súa incapacidade para xestionar a loita contra os incendios forestais e regalarlle o negocio aos seus amigos”.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar