Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 23 Agosto 2016 16:55

Duas Noites Curtas aquecem os motores para a próxima ediçom do Curtocircuíto em Compostela

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Cultura/Música / Fonte: Curtocircuíto

A Praza de Praterías o 25 de agosto e a da Quintana o 1 de setembro acollerán unha cita xa tradicional nas noites do verán compostelán.

O festival internacional de cine Curtocircuíto regresa coas Noites Curtas, unha programación que traerá o mellor do cinema de vangarda a Compostela, en dúas sesións ao aire libre. A primeira cita será o vindeiro xoves 25 de agosto, na praza de Praterías, cunha selección das películas máis salientables da pasada edición do festival. A segunda terá lugar o 1 de setembro na Praza da Quintana, cun programa de cine realizado en colaboración co festival WOS. A entrada será de balde para ámbalas sesións, que comezarán a partir das 21:30.

Noite Curta do mércores 25 de agosto presenta un programa cos traballos máis destacados da edición de 2015, que inclúe Blood below the Skin (Jennifer Reeder, 2015, Estados Unidos) e Becoming Anita Ekberg (Mark Rappaport, 2015, EE.UU/Francia) premio e mención, respectivamente, na categoría Radar.

Para a Noite Curta do mércores 1 de setembro, Curtocircuíto volve aliarse con WOS para traer á cidade de Santiago un programa audiovisual e musical arriscado, vangardista e para todos os públicos. Esta colaboración está encadrada nun acordo máis amplo entre os dous festivais que tamén inclúe o co-comisariado por parte de Curtocircuíto da programación cinematográfica do festival WOS

Dúas sesións de cine e música para ir abrindo boca de cara ao festival, un evento multidisciplinar que, do 3 ao 9 de Outubro, traerá a Compostela música, cinema expandido e actividades formativas, acompañando un ambicioso programa de proxeccións cinematográficas.

Ademais, esta semana ábrese o prazo de inscrición para as actividades formativas que terán lugar en outubro, que celebra este ano a súa décimo terceira edición. Obradoiros sobre crítica cinematográfica, dirección de fotografía e son a cargo de profesionais de referencia internacional como o crítico nortemericano Jonathan Rosenbaum, o artista sonoro Xabier Erkizia e o director de fotografía Diego Romero. Os formularios de inscrición están dispoñibles na páxina web www.curtocircuito.org.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar