Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 25 Agosto 2016 15:47 Última modificação em Domingo, 28 Agosto 2016 17:53

Descobrem um novo dólmen em Vimianço sem inventariar Destaque

Avalie este item
(1 Voto)
País: Galiza / Cultura/Música / Fonte: QPNC

Descobren unha nova ante en Caxadas, Vimianzo.

Seguro que haberá que abrir un apartado especial para este asunto no Simposio do Megalitismo da Costa da Morte que se celebrará a primeira fin de semana de setembro en Vimianzo. I é que o achádego dun novo dolmen sen inventariar non se consegue todos os días.

O Concello soneirán, un dos territorios con máis túmulos megalíticos de Galicia, vén de anunciar o descubrimento dun novo dolmen nunha finca próxima ao vello camiño entre Caxadas e Sanfíns, na parroquia vimiancesa de Cambeda. Alí apareceu unha nova mámoa coa súa anta no interior. Aínda que o túmulo é de grandes dimensións e está situado perto dun vieiro, pasou desapercibido durante todos estes anos. A mámoa foi profanada, como acontece habitualmente, deixando á vista media ducia de esteos verticais un pouco desprazados. Malia que non se realizou un estudo arqueolóxico do lugar, pola súa tipoloxía poderíase datar entre o 4.000 ao 3.000 a.C. O achado xa foi comunicado á Dirección Xeral de Patrimonio.

Lugar da Mamoa de Caxadas-Vimianzo
Localizacion_dolmen Caxadas

Máis dun cento de mámoas

Non se trata dun dolmen illado, xa que a medio quilómetro ao leste en Caxadas localízase unha concentración de catro mámoas, unha delas coa anta visible (a “Arca”). A isto hai que engadirlle que no termo municipal hai inventariados máis dun cento de túmulos megalíticos, situando este territorio como un dos concellos con maior densidade deste tipo de monumentos de toda Galicia, algúns deles tan importantes como Pedra Cuberta, Pedra da Arca ou a Casota de Freáns. Precisamente, existe unha Ruta dos Dolmens que une os nove monumentos megalíticos máis senlleiros, os cales está previsto que fagan parte do prometido Parque Arqueolóxico do Megalitismo proxectado pola Xunta de Galicia. A Ruta deseñada polo concello foi actualizada recentemente, ampliando o seu trazado e instalando unha nova sinalización que corrixiu as deficiencias que mostraba a anterior, conseguindo que agora sexa difícil perderse ao realizar o percorrido.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar