Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 31 Agosto 2016 21:48 Última modificação em Sábado, 03 Setembro 2016 03:35

Stop Despejos Compostela pede apoio para mulher e filhas ameaçadas de despejo em julgamento a alegado maltratador e estuprador

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Mulher e LGBT, Repressom e direitos humanos / Fonte: Stop Desafiuzamentos Compostela

Pedro Rañó Espasandín será xulgado por abusos sexuais continuados contra a súa filla biolóxica e as súas tres fillastras, todas menores, así como de malos tratos contra a súa parella. O xuízo terá lugar nos días 6, 7 e 8 de setembro na Audiencia Provincial da Coruña. Patricia enfróntase ademais a un posible desafiuzamento.

Pedro Rañó Espasandín, natural da parroquia de Alón (Santa Comba) e residente en A Baña, está acusado de violación continuada sobre a súa filla e as súas tres fillastras durante nove anos e de maltrato continuado contra a súa parella, Patricia, nai das catro rapazas. Permanece en prisión preventiva desde novembro de 2014.

Desde Stop Desafiuzamentos Compostela peden á cidadanía que acompañe a Patricia e as súas fillas os días 6, 7 e 8 de setembro (de martes a xoves) durante o xuízo que se celebrará na Audiencia Provincial da Coruña (r/ Capitán Juan Varela).

Ademais da terrible experiencia desta muller e das súas fillas, pesa sobre a súa cabeza un procedemento de execución hipotecaria, por parte de Bankia, por unha vivenda da que o cotitular non é outro que o presunto violador das súas fillas, Rañó Espasandín.

Patricia conta cuns ingresos de 426€ ao mes e a entidade bancaria iniciou o proceso pese a saber que el estaba en prisión preventiva desde 2014. Sen a súa sinatura, Patricia non pode actuar sobre a súa hipoteca, nin acollerse ao código de boas prácticas nin solicitar unha dación en pago, os procedementos aos que recorren as persoas na súa situación. Se as circunstancias non mudan, o proceso levaraas a quedar sen vivenda e cunha débeda de por vida.

Os responsables de Bankia aseguran que, literalmente, “non se pode facer nada”.

Desde Stop Desafiuzamentos denuncian a violencia que rodeou a esta muller e as súas fillas máis alá do seu domicilio: violencia dos seus veciños por mirar cara a outro lado, violencia institucional na ineficacia dos mecanismos de protección de mulleres vítimas do terrorismo machista, violencia dunha entidade bancaria que demostrou que carece absolutamente de empatía e despreza sistematicamente a súa clientela.

Peden á sociedade civil, a esa parte que non quere ser partícipe ni cómplice, que se mobilice, que se sume, que faga oír a súa voz e que nos acompañe durante os días do xuízo para que elas saiban que non están soas.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar