Debido á ruptura da presa da canle de derivación a auga que discorre polo cauce do río Sar estase a drenar polo burato da presa coa subseguinte perda de caudal augas abaixo. Isto provoca, sumado ás inexistentes precipitacións destes últimos meses, que no treito sinalado o río Sar estea practicamente seco, chegando ao límite de auga necesario para o mantemento da vida acuática ao non garantirse o caudal ecolóxico.
Dende ADEGA alertan da grave situación que se está a producir e reclaman que tanto o Concello de Padrón como Augas de Galicia solucionen este problema taponando o burato por onde se drena a auga para que volva a fluir polo leito do Sar.