Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 22 Setembro 2016 10:29 Última modificação em Domingo, 25 Setembro 2016 11:34

A CIG mobilizou-se contra os acordos de livre comércio que a UE negocia com os Estados Unidos e Canadá

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Laboral/Economia / Fonte: CIG

Unha delegación da central nacionalista participou na manifestación convocada por diversos colectivos en Bruxelas

A CIG participou na manifestación que diversos colectivos desenvolveron este martes en Bruxelas en rexeitamento ao tratado de libre comercio que a UE está a negociar cos Estados Unidos (TTIP) e ao tratado que xa ten pactado con Canadá (CETA), cuxa aprobación se agarda para o vindeiro mes de outubro. De xeito paralelo, a central realizou unha concentración diante da Delegación do Goberno da Coruña para denunciar as lesivas consecuencias que, de aprobárense, terán estes dous tratados para as nosas condicións de vida.

A mobilización na capital belga estivo convocada por diversas organizacións e colectivos europeos, entre os que están Alter Summit e StopTTIP -entidades das que a CIG forma parte-, e na mesma participou unha delegación da central sindical, encabezada polo seu Secretario Xeral, Xesús Seixo, quen estivo acompañado polo responsábel de internacional da central, Xosé Lois Rivera, e Suso García, da Executiva Confederal da FGAMT-CIG.

Aínda que con estas protestas se busca trasladar o rexeitamento que existe na sociedade cara a estes dous tratados, púxose especial incidencia no acordo con Canadá, xa que está programada a súa aprobación definitiva ao longo do próximo mes. De feito, o venres desta semana haberá en Bratislava unha reunión de ministros de comercio dos países membros da UE para abordar a posta en práctica do acordo. E, ao longo de outubro, o CETA deberá ser votado polos distintos parlamentos estatais e finalmente ratificado polo Parlamento europeo.

Por iso, a CIG xa está estudando a convocatoria de accións e protestas, a desenvolver o próximo mes contra a ratificación do CETA. Neste senso, durante a concentración da Coruña, o Secretario Confederal de Organización, Paulo Carril aseveraba que “seguiremos coas mobilizacións mentres non se remate definitivamente coa negociación destes tratados”.

Neste senso, cómpre lembran que a central nacionalista participou e/ou convocou diversas concentracións ao longo do último ano en rexeitamento ao TTIP e o CETA, dous tratados que ameazan seriamente as nosas condicións de vida, a democracia e a propia soberanía. “A pesares de denominarse comerciais, estes tratados non van afectar ás políticas de aranceis da UE cos Estados Unidos ou Canadá; na práctica o que realmente pretenden é eliminar calquera tipo de normativa estatal que poña trabas aos intereses das grandes multinacionais”, puntualizaba Carril.

Menos dereitos

Un obxectivo moi afastado das bondades que se nos pretenden vender: creación de postos de traballo, dinamismo comercial e un incremento das exportacións. Mais, fronte a esta visión positiva, o CETA (considerado o paso previo a imposición do TTIP e o seu “cabalo de troia”-de aí a simboloxía que se podía ver na manifestación de Bruxelas-) favorece a desregulación en materia laboral, fomenta a privatización do público, introduce unha flexibilidade no eido da seguridade, a saúde pública e ambiental descoñecida para os estándares europeos, compromete seriamente a soberanía e limita as xa minguadas capacidades dos parlamentos dos diferentes estados da unión. É dicir, estes tratados constitúen na realidade unha agresión aos nosos dereitos máis elementais.

Pero un dos grandes logros para as grandes compañías transnacionais radica no feito de que, de aprobárense, permitirían as empresas demandar xudicialmente os estados se se consideran prexudicadas por algunha lei nacional. Porén, estas demandas serán resoltas por tribunais internacionais de arbitraxe privados especialmente creados para tal fin e exentos de aplicar o Dereito nacional e o internacional. “Preténdese desmantelar todo o público, na medida en que hai cláusulas que estabelecen que todo será privatizábel salvo o control do espazo aéreo, as fronteiras ou o poder xudicial. Pero toda aquela normativa interna que poida contravir os intereses das grandes corporacións veríase arrasada”, advertiu Carril.

A respecto das afirmacións de varios dirixentes políticos europeos dando por rotas as negociacións do TTIP cos EUA, a CIG entende que estas declaracións “forman parte da capacidade que ten propio o sistema para desviar a atención e garantir o principal: que sigan avanzando as negociación, para que ao final nos impoñan estes tratados no momento que consideren oportuno”.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar