Con ela, din, péchase un ciclo electoral demasiado longo (que quizais aínda se dilate no ámbito estatal) no que a acción política estivo presidida pola preeminencia do electoral e, en certo grao, o correlato do “imperio do institucional” conlevou (ou confirmou) unha desertización progresiva das ricas iniciativas de rúa e das diversas experiencias de unidade popular no combate man a man que xermolaron nos últimos anos no noso país.
"Houbo mesmo expropiacións manifestas do relato de rúa que fomos construído. Entre outros, e polo que nos toca, o “pan, traballo e teito” das Marchas da Dignidade, reduciuse a unha consigna electoral (anecdótica), canto o seu obxectivo nunca foi ese senón articular nas rúas a disidencia obreira e popular contra a sistemática perda dos nosos dereitos. Puxémonos como obxectivo que ningún dereito fose extirpado sen batalla e mesmo, por que non dicilo así?, poder artellar unha maioria social de combate para conquistar espazos de contrapoder, de poder efectivo, e mesmo o propio poder para as maiorías sociais."
Isto non nos exculpa, reconhecen. "A CUT, coas súas propias eivas no campo sindical, non pretende aleccionar a ninguén. Só queremos compartir unha obvia preocupación: estas mulleres e homes, sindicalizadas, que damos a cara nos centros de traballo someténdonos ben ás máis duras situacións de represión sindical ou ben á posibilidade da perda dos nosos empregos (cando non estamos loitando directamente contra o desemprego e as nosas vidas de miseria), estamos gravemente preocupadas pola instauración dun novo goberno austericida na Xunta de Galiza." Para a CUT, a vitoria de Feijóo asegura un proceso que ven de longo e quere acabar connosco: a progresiva expropiación dos nosos dereitos, que cuantificados economicamente coma un abaratamento da man de obra, pasan a sumar na contabilidade das oligarquías, que organizan un disciplinado e obediente exército de traballadoras e traballadores. Por non falar do intolerable rastro de miseria e mesmo de mortas e mortos que o seu goberno está a deixar.
E non só lles preocupa o contexto galego, por moito que é o máis próximo: " Malia que semella que todo isto pasou de moda, ou as traballadoras e traballadores conseguimos virar os funestos designios europeos (nos que se está a radicalizar a dereita extrema e nos que están a imperar as lóxicas antipersoas do inimigo), ou estamos acabadas."
Por iso, din: nin desfolgo nin derrota. " As cousas non acontecen así nin porque este sexa un país de paifocas e parvos, nin pola tan tripada pirámide invertida, onde a poboación máis vella acredita na aposta conservadora. Acontece esencialmente porque seguimos sen manexar chaves políticas propias, porque non prememos ben as teclas das condicións obxectivas e subxectivas que poden arrastrar unha transformación social. Porque os movimientos reais de rúa seguen sen un correlato electoral, por moito que as narrativas instucionais quieran convidarnos a pensar outra cousa. Pero tamén, e sobre todo, porque na democracia formal burguesa o campo de xogo está deseñado polas oligarquías, e non van desprenderse dos seus mecanismos de control sen unha política de intervención popular que trascenda o mero depósito de papeleta-en-urna."
"O último que este pobo pode facer é abrazar o desfolgo. Mentres socavamos o seu terreo de xogo debemos seguir construindo a alternativa obreira e popular na que dicimos crer. Imos alá: o noso futuro e unha vida vivible afastada da precariedade e da miseria conquístase nas rúas." - frisan na CUT.