Este domingo terá lugar unha nova saída, desta volta será a Ruta do Foxo do Lobo no concello de Cotobade. A saída será ás 10:00h. na entrada do aparcadoiro do porto, ao carón da Escola Naval, para dirisexirnos en coches até o punto de inicio da ruta, que teñen previsto comezar ás 10:30h.
O Sendeirismo é unha práctica que goza dunha gran popularidade nos nosos días. Cada fin de semana os camiños e montes da nosa Terra énchense de persoas desexosas de contacto coa natureza, practicar deporte e achegarse a moitos elementos, do máis diverso, propios da nosa cultura.
O obxectivo desta actividade é fomentar hábitos saudábeis e a práctica do deporte, o amor e o respeito pola natureza e o achegamento ás máis diversas manifestacións culturais propias do noso país, aspirando a acadar un maior coñecemento da nosa Terra.
O Grupo de Sendeirismo da A.C. Almuinha comezou as súas actividades no mes de marzo deste ano e xa realizou varias andainas destinadas, na súa maioría, a todos os públicos, coa intención de iniciar aos máis cativos nesta práctica.
Animan a todas aquelas persoas que poidan estar interesadas nesta actividade, que é totalmente de balde, a poñerse en contacto con a entidade, ben a través do seu correo electrónico (Este endereço de email está sendo protegido de spambots. Você precisa do JavaScript ativado para vê-lo.) ou ben a través de mensaxe privada polo Facebook.