Dende o martes ata o xoves a doutora checa Adéla Kratochílová, experta en movemento e juggling (malabares), estivo en Vigo compartindo os seus coñecementos cxs alumnxs e profesorxs da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
Especialistas de prestixio internacional comezan a considerar a escola situada en Navia como unha opción interesante dentro das institucións académicas europeas relacionadas coas artes escénicas. Cada vez son máis xs profesorxs que se interesan polos intercambios de docentes entre escolas superiores que favorece o programa europeo Erasmus+.
Nesta ocasión o intercambio produciuse coa JAMU (Janáček Academy of Music and Performing Arts) da cidade de Brno. Adéla é doutora en Educación e Drama por esta mesma facultade. Alí traballa tamén coa súa compañía Divadlo KUFR.