Por isto, o proxecto foi vilipendiado nos medios de masas, e varias persoas foron detidas e acusadas con cargos ridículos, nunha maniobra mediático-policial por criminalizar os movementos sociais e impedir que pudiese existir de novo un contacto entre os devanditos movementos e o resto da cidade, rachando coas divisións impostas polos mass-merda e facendo da cultura unha vez máis algo popular, combativo e non comercial, que ameace os valores, os esquemas e as canles participativas desta sociedade noxenta, facendo política dende a rúa, a autoxestión e a ilusión.
Para tal evento convocouse unha concentración diante dos Xulgados de Fontiñas o mércores 5 de outubro ás 9 da mañá.
Que a solidariedade sexa máis que palabra escrita!
Todxs a Compostela!
Porque eu tamén estaba na Sala Yago!