Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 05 Mai 2016 10:12

Entregam-se na Corunha os prémios do 'Curtas para Rosalia'

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Resenhas, Cultura/Música / Fonte: AS-PG

Este xoves 5 de maio ás 20:00 horas no Teatro Rosalía de Castro terá lugar a Gala de entrega de premios do VI Certame de Curtas para Rosalía, certame que anualmente convoca e organiza a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), certame en que este ano colabora a Concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento do Concello da Coruña.

Coincidindo esta edición con dous feitos moi relacionados coa cidade da Coruña: o nomeamento do escritor Manuel María, veciño da Coruña, autor ao que se lle dedica o día das Letras Galegas 2016 e a celebración do centenario da fundación das Irmandades da Fala que tivo lugar na Coruña en 1916, a AS-PG convocou nesta VI edición premios en tres categorías:

Premio Irmandades da Fala  

Premio Manuel María

Premio Mellor curta VI edición

O Xurado formado pola actriz Isabel Naveira, José Manuel Sande, crítico de cine, escritor cinematográfico e guionista, hoxe concelleiro de Cuturas, Deporte e coñecemento do Concello da Coruña, e Raúl Veiga, director, guionista, crítico de cine e especialista en Litertura Galega, declarou finalistas:

-Na modalidade Irmandades da Fala:

 Mira a miña pel de Pablo Kaufmann e Miriam Rodríguez

-Na modalidade de Manuel María: 

Choiva de Denisse Lozano Hermida

Canción da hora na que ladran os cás de Millán Castro Vilariño

Telexornal Manuel María de Luís López Aldegunde

-Na modalidade de Mellor Curta da VI edición de Curtas para Rosalía:

 Adiós Soidá de Fran X. Rodríguez

O espantallo amigo de Carlos Seijo

O prezo da dote de Chus Domínguez

 

Entregarán os premios á mellor curta en cada categoría:

José Manuel Sande, concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento do Concello da Coruña, na modalidade Irmandades da Fala.

Saleta Goi, compañeira de Manuel María durante 46 anos, na modalidade Manuel María.

Xoán Costa, presidente da AS-PG na modalidade de Mellor Curta da VI edición.

A entrega de premios e proxección das curtas gañadoras estará precedida por un concerto de DAVIDE SALVADO e a súa banda, unha das voces musicais máis representativas de Galiza que leva anos recorrendo o país na procura de ritmos, coplas e danzas. Desa experiencia aprendeu non só a tradición na música, senón todo un xeito de vivir.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar