Publicidade

Diário Liberdade
Quarta, 11 Mai 2016 07:50

Psicólogas e psicólogos também contra as cámaras de vigiláncia nos centros educativos galegos

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Língua/Educaçom / Fonte: COPG

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia rexeita a medida de colocación de cámaras de vídeo-vixianza nos centros escolares galegos, debido principalmente á súa falta de eficacia á hora de previr o acoso escolar. "O medio principal e o máis axeitado para a prevención da violencia nas aulas é a través da educación e recursos como as gravacións poden resultar incluso contraproducentes". 

Desde o COPG expresan distintas preocupacións respecto a esta proposta. En primeiro lugar, está o relacionado co dereito á protección da intimidade do alumnado, xa que existe unha liña moi fina entre a seguridade e a intimidade; sendo a protección da súa intimidade parte fundamental da seguridade que hai que garantirlles como menores que son.

O colectivo de profesionais da psicoloxía manifesta serias dúbidas sobre se a medida da vídeo-vixianza acadará o obxectivo que persegue: a prevención e a intervención sobre as situación de acoso e violencia nos centros escolares. Cómpre preguntarse se realmente a presenza das cámaras disuadirá os agresores ou agresoras, dado que é imposible que as cámaras poidan chegar a filmar todos os recunchos do recinto escolar.

É máis, no referente ao acoso e ás agresións psicolóxicas, desde o punto de vista dos psicólogos e psicólogas do eido educativo, isto sería moi complexo; non só no caso do acoso psicolóxico (o cal pode chegar a ser moi sutil e polo tanto, imposible de detectar por unha cámara), senón tamén no referente a todo tipo de situacións agresivas, sen esquecer o illamento social como forma de acoso. As relacións interpersoais son un proceso e a súa evolución está condicionada por múltiples factores, sendo as causas das situacións conflitivas, de moi diferente índole; é dicir, non sería axustado interpretar un comportamento ou reacción concreta dun xeito illado, senón que habería que contextualizalos e valorar o proceso que levou o rapaz ou rapaza a ese punto.

Finalmente, é preciso reflexionar sobre as consecuencias que pode chegar a ter esta medida sobre o alumnado. É moi posible que o alumnado remate “comportándose ben” por mor da presenza das cámaras, máis que por teren integrados na súa ética persoal unha serie de valores de respecto e convivencia. O alumnado baixo presión ou medo de ser gravado polas cámaras actuará dunha forma e tratará de buscar a maneira de non ser visto e saltar as normas. A súa ética resentirase, non actuando por si mesmo senón por medo a ser descuberto.

"Nos centros educativos temos que educar en valores desde a liberdade e a responsabilidade. Deste xeito, inculcaremos ao noso alumnado unha ética autónoma que lle permita converterse en cidadáns e cidadás independentes e con capacidade crítica" - frisan.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar