"Somos activistas feministas que tanto de forma individual como integradas en coletivos levamos tempo traballando xuntas e por iso decidimos lanzar esta chamada a construír un espazo de traballo común no que podamos sentarnos a debater, a loitar xuntas. Queremos crear un espazo no que o empoderamento das compañeiras ocupe un lugar primordial", explican.
Este espazo que ten como obxectivo transversalizar e visibilizar o discurso feminista na nosa práctica diaria e nas loitas. Un espazo plural, aberto a todas aquelas que queiran sumar esforzos.
Este espazo común nutrese de moitas propostas e revindicacións entre elas:
- Queremos o compromiso real para a construción dunha sociedade onde non teña cabida o terrorismo machista.
- Queremos unha sociedade diversa onde se respecten as múltiples formas de de vivir o sexo e a sexualidade.
- É imprescindíbel incorporar o enfoque feminista nas políticas económicas, nos servizos públicos, na creación doutro modelo de cidade e nas políticas ambientais para saír da crise.