O venres 4 de novembro a Asemblea organiza unha palestra co título “Redes de apoio fronte á represión” na que faremos a presentación pública do vídeo no que se resume o que foi a chamada “loita da rotonda de Coia” e analizaremos a situación actual e as causas que nos levaron até aquí. Esta actividade suporá o paso ás redes da curta sobre a loita na rotonda, polo momento conformádevos co "teaser".
Na palestra contaremos coa presenza de Laura Bugalho, sindicalista e activista compostelá que sufriu en primeira persoa unha forte persecución policial e un proceso xudicial cheo de irregularidades, como resposta á súa labor a prol dos dereitos das persoas migrantes, e a denuncia pública da súa situación. Laura compartirá mesa con Diego.
Diego e Laura falarán da importancia de construír loitas xuntas e dende abaixo, e de como artellar saídas comúns fronte a represión das que denuncian e traballan pola xustiza social.