Por este motivo, a Plataforma pro CAPD de Ourense fará unha concentración entre ás 12:00h e ás 13:00h diante do Parlamento de Galicia para, posteriormente, unha representación da mesma, asistir como convidados a sesión parlamentaria e escoitar de primeira man a resposta do conselleiro a interpelación parlamentaria.
Lembremos que o partido popular, ao igual que todos os demais partidos do arco parlamentario, asumiu o compromiso da creación en Ourense de un centro de atención a persoas con diversidade funcional, maiores de 21 anos, público e de xestión pública (dotado de persoal da Xunta de Galicia e con todos os servizos facilitados por dito persoal e non por empresas externas) xa que a partir desa idade os rapaces non poden seguir no centro de educación especial “Miño” de Velle, e non existe outro centro en Ourense onde se poidan atender, polo que si queren asistir a un centro público teñen que ser internados nun dos 3 centros existentes en Galicia (Redondela –Pontevedra-, Sarria –Lugo-, A Coruña)
A sorpresa ven dada cando se lle presenta o proxecto a plataforma e nos atopamos con que o mesmo non cumpre co compromiso acadado polo partido popular, xa que o que ofrecen é un centro ocupacional, centro que para a tipoloxía das doenzas dos rapaces aos que vai dirixido non sería operativo.
Por todo isto, a plataforma esíxeLLe ao conselleiro de Política Social que cumpra coa palabra dada e que se constrúa un centro de atención a persoas con diversidade funcional, maiores de 21 anos, público e de xestión pública.
Concentración o mércores, día 23 de novembro, ás 12:00h diante do Parlamento de Galicia.