O 25 de novembro foi declarado Día Internacional contra a Violencia cara á muller no Iº Encontro Feminista de Latinoamérica e do Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981.
Neste encontro as mulleres denunciaron a violencia de xénero a nivel doméstico e a violación e o acoso sexual a nivel de estados incluíndo a tortura e os abusos sufridos por prisioneiras políticas.
Elixiuse o 25 de novembro para conmemorar o violento asasinato das irmás Mirabal (Patria, Minerva e Maria Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana.
En 1999, a ONU deu caracter oficial a esta data
A violencia de xénero é unha secuela que non podemos combater sen a implicación de todas e todos.
O venres dia 25 de novembro as 19 h. no Ateneo Ferrolán – Proxeccion da pelicula de Ken Loach “LADYBIRD, LADYBIRD”
Ano 1994 Duración 102 min. País Reino Unido
Director Ken Loach
Reparto: Crissy Rock, Vladimir Vega, Ray Winstone, Sandie Lavelle, Mauricio Venegas, Clare Perkins, Jason Stracey
Sinopse: Maggie ten catro fillos, todos de distintos pais e que, debido ao violento ambiente familiar, están a cargo dos servizos sociais británicos. Cando Maggie coñece a Jorge, un refuxiado hispanoamericano, albisca a posibilidade de refacer por fin o seu fogar. Con todo, o seu pasado segue atormentándoa. Unha vez involucrada na burocracia da asistencia social, resultaralle moi difícil conseguir a custodia dos seus fillos, pero Maggie non se dá por vencida.