As loitas veciñais na defensa do ben común e as resistencias para frear os intereses especulativos e electoralistas, colocando a vida e os dereitos sociais no centro: este será o eixo central da palestra Quérennos en soidade, teránnos en común! que o Centro Social Autoxestionado A Comuna (Verea do Polvorín 35) acollerá hoxe a partires das 20.00 horas. O acto contará coa presencia de membros da Asamblea Aberta de Coia e de Elviña Non Se Vende e estará presentado por Mari Fidalgo.
O punto de partida do faladoiro será a proxección da curta documental #MoitoPeixeRompeARede, que relata a loita veciñal na rotonda de Coia (Vigo). A peza de 8 minutos será compartida e debatida posteriormente.
Esta actividade está enmarcada dentro da campaña de solidariedade con Diego Lores, unha das persoas represaliadas pola loita contra a instalación do barco Bernado Alfageme nunha rotonda do barrio vigués de Coia.
A asamblea aberta de Coia estará acompañada de Elviña Non Se Vende, colectivo que reivindica a desafectacción das vivendas do barrio de San Vicente de Elviña, mesmo espazo no que hai dous anos se desafiuzou destruíndo a casa e forma de vida de un dos veciños. Ambos colectivos
teñen en común a loita dende a base polo ben común e polos dereitos da veciñanza.
Título
Quérennos en soidade, terannos en común, palestra presentada por Mari
Fidalgo e coa presencia da Asamblea Aberta de Coia e Elviña non se
Vende
Proxección de #MoitoPeixeRompeARede
Día
Xoves 24 de Novembro de 2016
Hora
A partires das 20.00 horas
Lugar
Centro Social A Comuna
(Verea do Polvorín, 35)