Publicidade

Diário Liberdade
Sexta, 25 Novembro 2016 07:19 Última modificação em Segunda, 28 Novembro 2016 21:42

Hoje, mobilizaçons na Galiza: luita feminista contra as violências machistas

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Mulher e LGBT / Fonte: PFG

Dende a Plataforma Feminista Galega, convidan as seguintes xornadas de mobilización por unha sociedade libre de agresións machistas:

25N | MOBILIZACIÓNS POLO PAÍS.
SANTIAGO DE COMPOSTELA - Praza 8 de Marzo ás 20H.
VIGO - Farola de Urzaiz ás 20H.
O CARBALLIÑO - Praza Maior ás 19:30H.
OURENSE - Subdelegación do Goberno ás 20H.
LUGO - Performance na Rúa da Raíña ás 19:30 e posterior concentración na Praza do Concello ás 20H.

COMUNICADO DA PFG | LOITA FEMINISTA, CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS:

Hoxe 25N, traemos a memoria un 7 de Novembro de hai un ano, no cal saíamos as rúas para loitar contra as violencias machistas! Desde entón, as mulleres asasinadas foron 77 segundo feminicidio.net e 50 segundo a Delegación do Goberno. Que pasou coas 9 reivindicacións polas que nos manifestamos daquela? 

1. Seguimos esixindo que o terrorismo machista sexa unha cuestión de estado. A violencia machista ten unha presenza mínima tanto nas campañas electorais como na política do estado español. A Valoración Policial do Risco de Violencia sobre a Muller deixou a 2 de cada 3 das mulleres que denunciaron sen protección. O Ministerio de Interior anunciou en xullo a revisión desta valoración implicando aos servizos sociais e de igualdade das Comunidades Autónomas, mais sen aumentar os recursos. O orzamento do Estado para violencia de xénero en 2016 é un 10,9% menos que en 2009. 

2. Queremos que se aplique o Convenio de Istambul e as recomendacións da CEDAW, e reformar a lei contra a violencia de xénero para que estean reflectidas todas as formas de violencia contra as mulleres. Incluír TODAS as formas de violencia, non só a de parella; crear servizos especializados a vítimas de agresións sexuais e protexer a TODAS as vítimas sen discriminación por raza, lingua, clase, idade, orientación sexual, identidade de xénero, diversidade funcional, estado civil, estatuto de emigrante ou de refuxiada. A Comisión de Observación de Dereitos Humanos reportou no CETI de Melilla embarazos indesexados, desprotección fronte á violencia de xénero e represalias por denunciala. 

3. Toda a sociedade e as súas organizacións e institucións deben comprometerse
na loita feminista. 
No verán de 2016 decenas de miles de persoas manifestáronse contra as agresións sexuais. As manifestacións de 2016 crean unha nova conciencia social, e demandan políticas públicas de prevención e de atención sicolóxica, social e xudicial contra as agresións sexuais. 

4. Que a loita e os recursos inclúan tanto a violencia na parella ou ex parella como as agresións sexuais, o acoso sexual no ámbito laboral, trata con fins de explotación sexual/laboral de mulleres e nenas e todas as violencias machistas. Esiximos ao Estado un Plan de Acción contra a violencia sexual en todos os ámbitos (de parella, familiar, laboral, escolar, nas rúas, transportes e festas) con medidas de prevención e atención especializada.

5. Queremos a implicación de todas as instancias do goberno na prevención e erradicación das violencias machistas e na asistencia e reparación a todas as mulleres en situación de violencia, independentemente da súa situación administrativa. A desprotección das vítimas é violencia institucional. Aumentan os sasinatos de mulleres, mesmo estando hospitalizadas recuperándose doutro intento de asasinato. 

6. Que o acento se poña na protección das afectadas e dos seus fillos e fillas, facilitándolles saídas de recuperación vital, económica e social. Son mínimas as axudas para vivenda e insuficiente a axuda á súa recuperación sicolóxica e empoderamento, e o acceso a estes recursos non poden depender de poñer unha denuncia. 

7. Que a prevención sexa unha política prioritaria, que inclúa un sistema coeducativo en todos os ciclos, a formación específica para todo o persoal profesional que intervén nos procesos, os medios de comunicación, a producción cultural e a sociedade civil na loita contra as violencias machistas. 

8. Que os medios de comunicación visibilicen as diferentes violencias machistas, sen sensacionalismo morboso nin linguaxe ou imaxes sexistas. Debemos establecer estratexia integral contra os estereotipos de xénero na educación, os medios de comunicación e a publicidade; con promoción da igualdade de xénero nos programas e na formación do profesorado, e con educación sexual e reprodutiva adaptada á idade de nenas e nenos, no plan de estudos ordinario e obrigatorio. 

9. Eliminación da custodia compartida imposta. Supresión do réxime de visitas e da patria potestade sobre menores aos maltratadores condenados. Un maltratador ou un abusador sexual nunca pode ser un bo pai. A falta de formación en xénero provoca violencia institucional, amparada en informes de sicólogos que aducen o anticientífico SAP (síndrome de alienación parental) para privar de gardas e custodias a nais ou manter as visitas de maltratadores. 

A plataforma feminista galega por unha sociedade libre e sen violencias machistas!

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar