Publicidade

Diário Liberdade
Sexta, 25 Novembro 2016 10:59

Psicologos e piscologas da Galiza, também contra a violência machista

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Mulher e LGBT / Fonte: Diário Liberdade

A Ordem dos e das Piscólogas da Galiza enviou para o Diário Liberdade umha comunicaçom polo Dia Internacional pola Eliminaçom da Violência contra a Mulher.

Reproduzimos a seguir o texto:

Neste 25 de novembro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia manifesta o seu total rexeitamento a calquera forma de violencia física, psicolóxica ou sexual, exercida contra a muller, ao mesmo tempo que desexa trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias e persoas próximas ás vítimas desta terrible lacra que custou a vida a 39 mulleres este ano, ademais de oito casos máis en investigación.

Ano tras ano, por estas datas as distintas institucións significamos este día e trasladamos o noso compromiso coas vítimas da violencia de xénero. Pero non por iso debemos esquecer que se trata dunha forma de violencia completamente evitable, polo que queremos poñer o foco na promoción da cultura do bo trato.

Tras máis dunha década de lexislación que se demostrou insuficiente para atallar esta grave problemática social, urxe definir un plan de acción en que se aborde de forma definitiva a erradicación da violencia machista. Isto implica un cambio social profundo cara a un modelo alternativo ás condutas abusivas e desiguais que relegan a muller a un plano de inferioridade.

Na sociedade no seu conxunto, a través dos seus distintos ámbitos (económico, laboral, político, científico, mediático…) debe implantarse unha cultura do bo trato, xerando un modelo social máis igualitario no que todas as persoas, independentemente do sexo co que teñamos nacido, gocemos das mesmas oportunidades.

A psicoloxía é unha disciplina científica que ten, neste sentido, un papel clave, xa que conta coa capacidade de intervir na prevención de comportamentos machistas e na potenciación das habilidades necesarias para o desenvolvemento dun bo trato.

É unha tarefa pendente a destrución de toda a morea de prexuízos e estereotipos de xénero que se perpetúan e que dan sustento á violencia contra as mulleres. A construción dunha sociedade igualitaria e máis xusta é un traballo colectivo e debe considerarse unha abordaxe integral para a prevención da violencia machista e para a transformación das relacións persoais.

Pola responsabilidade pública que exercen, as administracións son os motores de cambio para poñer en marcha este cambio. É por iso que debe haber un compromiso decidido pola erradicación da violencia contra a muller en calquera das súas manifestacións, que se execute a través de políticas e plans para a transformación social. É imprescindible que se integre a perspectiva de xénero en todas as políticas públicas que se deseñen, con independencia do ámbito territorial (municipal, autonómico ou estatal).

Resulta unha necesidade que aposten por promover un modelo de muller empoderada, lonxe da vitimización coa que se adoita retratar nas campañas públicas. Tamén deben promover referentes de masculinidade afastados das condutas violentas propias dos estereotipos de xénero, condenando sen paliativos as agresións de carácter machista.

A promoción dunha cultura baseada no bo trato é a vía adecuada como ferramenta preventiva da discriminación por razóns de xénero e, por tanto, da terrible lacra que constitúe a violencia de xénero. A prevención é o verdadeiro factor de protección e é por iso que se debe inculcar desde as máis temperás idades, traballando valores de igualdade e de respecto na etapa educativa.

Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar