Publicidade

Diário Liberdade

Mostrando itens por tag: Cotobade

ADEGA tivo acceso a unha gravación que proba a actuación irregular da Xunta ao autorizar "controis poboacionais" recorrentes (3 nos últimos 4 meses) nos montes de Cotobade. Oficialmente non se abatíu lobo algún, polo que a Xunta seguíu dando permisos.

Publicado em Galiza
Tagged sob

Máis incendios, máis grandes e con máis risco para a poboación. Esa é a evolución nas últimas horas dos lumes forestais que se veñen rexistrando fundamentalmente nas provincias da Coruña e Pontevedra desde a noite do pasado domingo. Na mañá deste xoves a Situación 2 de alerta, que contempla desaloxos por risco para a poboación, está activa en cinco incendios, en Santiago, Porto do Son, Soutomaior, Avión e Cee, que suman só entre eles máis de 1.700 hectáreas afectadas. Ademais, outros dous incendios rexistrados en Arbo e Crecente suman 500 e 200 hectáreas respectivamente. Estas cifras deixan pequenos os incendios iniciados o luns e xa controlados de Cotobade, Caldas, Mondariz e Soutomaior, que suman unhas 1.100 hectáreas.

Publicado em Galiza

De novo, Cotobade. Unha década despois de que este municipio pontevedrés tornase na 'zona cero' da peor vaga de lume en Galicia en dúas décadas, a súa contorna volveu sufrir dende este luns en primeira persoa o ataque das lapas. O incendio que comezaba pouco despois das cinco da tarde na parroquia de Tenorio acabou chegando a Pontevedra e arrasando unhas 365 hectáreas, segundo a última estimación da Xunta. Non moi lonxe, en Caldas de Reis, outro incendio queimaba outras 290 hectáreas, e algo máis ao leste, en Mondariz, un terceiro incendio afectaba a outras 160 hectáreas. En total, xa máis de 800 hectáreas. Nos tres casos desaloxáronse vivendas pola proximidade do lume.

Publicado em Galiza

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar