Publicidade

Diário Liberdade
Segunda, 17 Abril 2017 19:36

Rajoi ten un caixeiro: os Orzamentos Xerais do Estado

Avalie este item
(0 votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

É moi habitual que cando comezan as discusións sobre os Orzamentos Xerais do Estado, comecen as poxas e os grandes titulares: van gastar X euros en servizos sociais, di o goberno; vaise a financiar ás CCAA en tantos millóns, e cada Comunidade xa está a regatear con Madrid...


Isto dá para grandes titulares, e sobre todo, para comprar vontades, máxime cun goberno en minoría como o de Rajoy, que necesita todos os apoios posibles.

Pero, antes de gastar, é preciso saber de onde sae o diñeiro que tan alegremente reparte o goberno entre empresas construtoras -obras de infraestrutura como o AVE-, defensa, pago da débeda, etc., e a CCAA que lle apoian (ou queren comprar), aínda que algunhas que lle apoian, e son fieis lle servidoras como Galiza perde diñeiro; cousas da división do traballo, para que queren os galegos / as diñeiro, se o que teñen que facer é emigrar.

De últimas, esta é a esencia dos Orzamentos Xerais do Estado, repartir o diñeiro para financiar desde o estado a economía capitalista, pois á fin e ao cabo o goberno non deixa de ser “o consello de administración” da burguesía como clase.

Ben, vaiamos á pregunta. Nos medios preséntase ao goberno central como un organismo que é propietario dese diñeiro, e repárteo como un bo pai aos seus distintos fillos, o máis equitativamente posible; coma se un vai ao caixeiro, saca diñeiro e non ten en conta que ese diñeiro é o da súa nómina, ... que non nace por xeración espontánea no caixeiro.

O diñeiro que o goberno ten para “repartir” vén dos ingresos do estado, impostos, taxas, aranceis, ... e demais medios fiscais. A débeda é distinto, porque é un ingreso que se converte en gasto, pois hai que devolvela e con interese.

E vexamos de onde sae: o ministerio de Facenda recoñece que o 70% dos ingresos polo IRPF do estado saen das rendas do traballo -a clase obreira, os que cobran unha nomea, os que non poden repercutir o IVE que pagan con facturas, os proletarios / as, por se os pos modernos se habían esquecido deles-, e o 30% das rendas de capital -a clase capitalista, que inclúe desde o autónomo ata Amancio Ortega, os que poden repercutir o IVE contra facturas, os que o IRPF se contabiliza a partir do que eles declaran, non como as nomeas; é dicir a clase burguesa, por se os pos modernos esquecérano-.

Pero non só iso, o IVE recuperou a capacidade recadadora dos niveis pre crises (claro ao 21% en moitos produtos de consumo de masas, así calquera), mentres o Imposto de Sociedades segue baixo mínimos: 21 mil millóns no 2016, fronte ao 44 mil millóns do 2007.

O IVE é un imposto que se paga como consumidor, todos igual, pero non se paga se a compra faise como "profesional", provedor a un cliente. Se isto é así, o provedor fará trimestralmente unha liquidación do IVE e Facenda devolverallo, de maneira que o Imposto vai pasando de man en man ata o comprador final, o consumidor. Se este é un asalariado / a non terá contra que repercutir ese gasto, pagará o imposto integramente, mentres que se é un empresario ou autónomo "deshonesto", pode facer a compra como "profesional" e non pagará o IVE.

Pola súa banda, o Imposto de Sociedades é o que pagan as empresas polos seus beneficios. Desde que estalou a crise do 2007 tomáronse tantas medidas para rebaixar o tipo impositivo ás sociedades, que aínda sendo de media 25% dos beneficios para calquera tipo de sociedade, pode ir do 30% ao 1% das SICAV, eses paraísos fiscais dentro do Estado Español. As grandes compañías pagan de media un 7% de Imposto de Sociedades.

Se isto é así, e o ministerio de Facenda di que os ingresos fiscais subirán un 7.9%, xa sabemos de onde van saír... Dos petos dos empresarios non vai ser.

É máis, onde vai ir ese aumento do 7.9%, se seguen os recortes. Por CCAA en Galiza, Andalucía, Castela León e Asturias son do 30%, no resto baixa, e só Canarias recibe un 2% máis; os salarios dos traballadores / as da administración subirán, segun Montoro, un 1%, e os recortes nos servizos públicos mantéñense, posto que teñen que cumprir coas obrigacións da UE de control de Déficit, para xustificar as privatizacións.

Pois, primeiro á obrigación constitucional do articulo 135 de ZP/Rajoy (goberno de Gran Coalición) ao pago dos intereses da débeda publica, 32 mil millóns este ano (280 mil millóns desde que comezou a crise); por ese mecanismo-soga para os pobos imposto no Tratado de Maastricht fundacional da UE, que é a obriga dos estados de emitir débeda nos mercados financeiros para completar os ingresos, no canto de que sexa o propio estado o que fabrique o diñeiro necesario para completalos.

Segundo, ás grandes empresas construtoras. Galiza é paradigmático de como o diñeiro que din investir en Galiza é un búmerang, o que se inviste no AVE sae das contas do estado de Madrid (pago tamén polo pobo galego) para volver ás contas das grandes construtoras, residentes en Madrid. Este mecanismo de ida e volta é ampliable ao resto do estado; é o "capital castizo" que vive como unha sanguijuela das contas do estado, e é o que explica o odio salvaxe dese capital “castizo” aos dereitos nacionais dos pobos.

Terceiro, para reflotar bancos, empresas a través de exencións fiscais, plans PIVE, abaratamento de mercadorías pago entre todos e todas, subvencións á contratación, etc., que tanto anuncian como grandes medidas contra o paro e “estimulador” da economía.

Cuarto, para os gastos militares, que este ano aumentan un 30% mentres se conxelan ou recortan en servizos sociais, en I+D, en cultura, etc. etc.

Quinto, para a Igrexa, intocable no seu 11 mil millóns de ingresos que recibe do estado, cando esta exenta do pago de impostos de todo tipo.

O goberno de Rajoy ten un caixeiro: os petos da clase traballadora, as súas nomeas, a través do que saca o diñeiro para que unha clase capitalista cutre e en crise siga enriquecéndose de maneira escandalosa. Para iso serven os Orzamentos Xerais do Estado, para repartir o de todos e todas a uns poucos.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar