Convida a unha nova presentación do libro Novas do exterior. 63.000 quilómetros de viaxes á cadea.
Varios municipios galegos afrontarán demandas xudiciais por non retirar simboloxía franquista do seu rueiro. Os concellos de Meira, Lugo, O Porriño, Pontevedra, Beade e Ourense veñen de recibir senllos dereitos de petición por parte do avogado Eduardo Ranz, solicitando a "redefinición de rúas de exaltación de guerra civil e ditadura". Teñen tres meses para cumprir o solicitado e, de non facelo, o letrado interporá cadansúa demanda contencioso-administrativa contra as administracións locais, como xa fixo no caso de Betanzos.
ADEGA, personada no expediente do proxecto da minicentral da fábrica da luz, presentou hoxe alegacións ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente contrarias á execución das novas ataguías propostas polo Concello de Lugo e a empresa INCA no río Miño e nun espazo natural protexido como zona de Rede Natura, ZEC (Zona de Especial Conservación) e Reserva da Biosfera.
Um grupo promotor acabou de iniciar a campanha de financiamento para o projeto de umha escola Semente em Lugo.
O Coletivo Editor do Diário Liberdade apresentará no CS Mádia Leva! de Lugo a versom em galego-português da histórica obra, escrita por Vladimir Ilitch Ulianov Lenine em 1916, mas conservando umha vigência renovada e atualizada nesta ediçom num prólogo com perspetiva contemporánea e galega.
Dende o Comité de Empresa de Veicar Lugo, concesionaria dos parques de Bombeiros comarcais de Vilalba, Barreiros e Viveiro, recibiron a denuncia da situación laboral de varios compañeiros, que cumpren coa súa función a xornada parcial de ⅓ de xornada. Isto supón que lonxe das 40 horas semanais que prestan servizo os bombeiros de xestión privada en Galicia, teñen contratos dunha media de 13 horas semanais, coa consecuente precaria situación económica e laboral que isto supón para o 15% dos empregados que esta concesionaria xestiona en Lugo.
Neste 17 de maio começa o "mês da língua" organizado polo CS Mádia Leva de Lugo. Eis o programa completo:
Umha açom global com a participaçom de seis cidades galegas comemora o quinto aniversário do 15M.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759