A nova documentación achegada pola mineira de Touro en resposta ás alegacións de veciñanza e colectivos antimina, así como aos informes sectoriais da Xunta, segue deparando sorpresas. Desta volta, trátase da confirmación documental, através do informe “Caracterización Hidroquímica del Lago de Vieiro”, redactado polo grupo de Enxeñaría de auga e de medio ambiente da UDC, do que toda a veciñanza de Touro xa sabía: Que a balsa mineira de Vieiro usouse durante anos como vertedoiro en "B".
[Margarida Prieto Ledo*] En 2006, aprobáronlle a Erimsa tres concesións para a extracción de seixo en preto de 6.000 hectáreas na Terra Chá. Pasou unha década e, dende aquela, sucedéronse xuízos, recursos, escritos, centos de alegacións, festivais de denuncia, manifestacións, xuntanzas e charlas, moitas charlas por todo o pais contando o que estaba a acontecer. Paseniño, conseguimos irlle pechando as portas ás intencións desta empresa norueguesa integrada na multinacional chinesa Blue Star.
Esta semana poñemos a actividade de extracción de seixo (cuarzo metalúrxico) da galega-norueguesa-china Erimsa baixo a lupa.
O pasado xaneiro Adega denunciou novas verteduras ao dominio público dende a mina de San Fins. O expediente aberto por Augas confirma outra volta e con novas analiticas, que algúns metais tóxicos sobardan os límites legais mesmo 1500m augas abaixo da mina.
Nesta fin de semana a problemática ambiental do impacto das Minas de San Fins, en Lousame, foi obxeto dunha inspección por parte dun comité internacional de expertos en minaría e medio ambiente procedentes de Australia, Finlandia, Reino Unido, Filipinas, Nova Zelandia, Nixeria e Colombia.
Ao longo de toda a xornada de sábado desenvolveuse, en Compostela, a III Xornada sobre os Impactos da Minaría, organizadas pola rede de colectivos contraMINAcción. Nesta ocasión, ademais de representantes de organizacións galegas, contamos coa presenza de activistas dos cinco continentes. «A intención deste encontro», explicou a representante de contraMINAcción, Guadalupe Rodríguez, nunha rolda de prensa, «foi dar continuidade á loita que mantemos dende hai varios anos contra a minaría destrutiva. Ademais, nesta ocasión, tamén creamos un espazo de confluencia con outra rede que desenvolve a mesma loita pero organizada a nivel global que é “Si á vida, non á minaría (Yes to Life, No to Mining-YLNM). Afortunadamente, tivemos a oportunidade de poder contar coa participación de activistas que están a desenvolver loitas semellantes en diversos lugares do mundo como Australia, Nixeria, Finlandia, Filipinas, Suráfrica, Reino Unido, Colombia e, por suposto, Galiza».
Vimos de coñecer pola Garda Civil que "Tungsten San Finx SL" vai denunciar a un membro de ADEGA por ter penetrado no recinto mineiro e tomar mostras de augas contaminadas. Outra volta, e perante a falta de argumentos, imponse a estratexia do medo e de matar ao mensaxeiro...
A emisión da película finalizada en 2016 contará coa presenza de activistas de Contramínate Asociación Ambiental no propio centro social.
O pasado 19 de xullo, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) presentou unha demanda ante o Tribunal Contencioso-Administrativo nº 2 de Santiago de Compostela contra a Consellaría de Cultura da Xunta por non ter iniciado nin tramitado en tempo e forma o expediente de declaración da Cova Eirós de Triacastela como Ben de Interese Cultural, alén de non ter contestado como obriga a lei a ningunha das reiteradas solicitudes que ADEGA presentou ante este organismo desde o ano 2012 ata a actualidade para conquerir a protección do xacemento como BIC.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759