Sabiamos das dotes de Feijoó como navegador ou políglota, pero agora lembramos a súa faceta non menos importante de concertista, que nos lembra iso si, aquel concertista tan desafinado que cando se desmaiaba, no canto de volver en Si, volvía en Fa. Na partitura desta Xunta o ensino público sempre queda nas marxes do pentagrama e en clave de LOMCE e é que a Consellería de Educación vén de publicar a norma que rexerá ao abeiro da actual lei o financiamento dos colexios privados concertados dende o vindeiro curso, toda vez que o período de aplicación da anterior, ditada en 2013, remata no presente período académico 2016-2017.
CIG-Ensino, que foi quen presentou o recurso, denuncia que a Xunta non estende de oficio este dereito
O STEG (Sindicato de traballadoras e traballadores do ensino de Galiza) vén de anunciar a celebración das I Xornadas de Debate Pedagóxico: as competencias, competentes para o que?, que se desenvolverán en Lugo os días 17 e 18 de marzo (venres e sábado), ao abeiro do convenio de formación asinado coa Consellería (11 horas homologadas).
Semente Trasancos é un centro onde nenas e nenos de idades comprendidas entre dous e seis anos conviven nun entorno amable, inclusivo, en contacto coa natureza e coa súa contorna máis próxima, respectando os ritmos de cada quen e onde o galego é a lingua propia na que se desenvolven en comunidade.
A Asemblea de Mulleres do STEG (Sindicato de traballadoras e traballadores do ensino de Galiza) celebra este sábado día 18 de febreiro o Té Revolucionario das cinco e media en Lugo, onde se presentará o Calendario de Muller 2017. O acto terá lugar en Lugo ás 17,30 h. no Café do Pazo de Orbán, no corazón do Barrio do Carme.
Perante a iminente publicação da oferta de emprego público da Conselharia de Educacção para 2017 na Comunidade Autónoma da Galiza, a Associação Docentes de Português na Galiza (DPG), solicita que nesta oferta sejam incluídas vagas da especialidade em língua portuguesa no ensino secundário.
[Chema Naya Vila] Este ano académico começou com a posta em andamento e socializaçom dos dous projetos que saírom da rutura do processo de Assembleias de Base: Erguer. Estudantes da Galiza e a Assembleia Nacional das Estudantes Galegas (ANEGA).
Declarado nulo o ERTE que o Colexio Santa Apolonia levou a cabo neste verán. O colexio é obrigado a pagar unha indemnización por vulneración de dereitos fundamentais e ao pago dos salarios no periodo do ERTE.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759