Publicidade

Diário Liberdade

Mostrando itens por tag: ourense

A Asemblea Aberta de Coia e Baladre (Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social) organizan unha semana de palestras e proxeccións en solidariedade coa loita na rotonda de Coia que leva por título: “Quérennos en soidade, téñennos en común”.

Publicado em Galiza

O grupo de colectivos de EsCuA (Espazo cultural alternativo, de Ourense), diante da dilapidación de cartos públicos de todos os cidadáns, (a pesar da Constitución española) en promocionar un credo relixioso, (cabalgatas, belens,subvencións á igrexa para logo rentabilizar privadamente...) organiza unha noite de xoldra, a modo de festival ou concerto de panxoliñas; contra o nadal e a autoridade competente. (Si, non a todo mundo lle gostan estas datas!)

Publicado em Galiza
Quinta, 22 Dezembro 2016 10:13

Compromisso com os Direitos Humanos em Ourense

O grupo ourensán de Amnistía Internacional saíu de novo a rúa polos casos de Annie Alfred (Malaui) e de Máxima Acuña (Perú). Os activistas do Grupo de AI Ourense levaron a cabo este acto no marco da campaña #PersoasPorPersoas arredor do Día internacional dos Dereitos Humanos. Máis de 500 sinaturas de adhesión aos casos de Annie Alfred e Máxima Acuña e medio cento de debuxos elaborados polas/os nenas/os que se achegaron ata a rúa do Paseo.

Publicado em Galiza

A plataforma 'Stop Desafiuzamentos' convoca para hoxe martes ás20 horas unha protesta silenciosa ante a inauguración do alumeado natalicio na Praza Maior de Ourense, animando aos cidadáns a sumarse cunha vela. 

Publicado em Galiza

Varios municipios galegos afrontarán demandas xudiciais por non retirar simboloxía franquista do seu rueiro. Os concellos de Meira, Lugo, O Porriño, Pontevedra, Beade e Ourense veñen de recibir senllos dereitos de petición por parte do avogado Eduardo Ranz, solicitando a "redefinición de rúas de exaltación de guerra civil e ditadura". Teñen tres meses para cumprir o solicitado e, de non facelo, o letrado interporá cadansúa demanda contencioso-administrativa contra as administracións locais, como xa fixo no caso de Betanzos.

Publicado em Galiza

As militantes de Isca! explicam que "acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o modelo de vida e de relacións que nos impón o sistema, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así transformar a realidade que nos tocou vivir. Acreditamos en que aprender sempre é a mellor maneira de avanzarmos, construindo alternativas aos poderes que nos queren ignorantes e sumisas.

Publicado em Galiza

O Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, eludiu entrar no fondo da cuestión das concesións privadas dos Parques de Bombeiros, ao non admitir o recurso presentado pola Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia (PBPG) por unha cuestión de prazos “máis que dubidosa”.

Publicado em Galiza

O Orgullo 2016 ven con forza e cheo de actividades diversas coorganizadas entre diferentes coletivos de Ourense no que deron en chamar Xornadas da Diversidade e que iniciaron o martes 21 cun mural e o sábado cunha proxección sobre a catedral da historia do movemento LGBTQI internacional. Esta semana temos esta chea de actividades a non perder:

Publicado em Galiza

A CIG-Industria convoca dúas xornadas de greve no sector do siderometal de Ourense pola paralización do convenio.

Publicado em Galiza
Tagged sob

Em relaçom à recente adesom da Cámara Municipal de Ourense ao programa de 'Vivendas baleiras', a Plataforma contra os Despejos de Ourense posiciona-se muito criticamente com o Partido Popular, formaçom ultra que detém o poder naquela cidade.

Publicado em Galiza

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar