Tras 4 anos de xestión da empresa Matinsa, os bombeiros consideran que o Consorcio Provincial, formado por Xunta e Deputación, non pode tolerar máis tempo os gravísimos incumprimentos nos que no seu parecer incorre Matinsa dende hai longo tempo. "Incumprimentos que nos impiden en moitos casos aos bombeiros desempeñar a nosa labor, ou polo menos dificúltana en extremo. Incumprimentos que fan que vehículos estean longos períodos avariados, que materiais non se repoñan, que non se fagan mantementos adecuados, que ao non cubrir as baixas do persoal as dotacións estean case sempre ao mínimo, etc, etc…" con evidente afectación á calidade do servizo aos cidadáns.
Denuncian que o mantemento dos camións contraincendios no se realiza en talleres equipados para aforrar en costes e que para solventar un cambio de pastillas de freos entrega un camión sen cinto de seguridade.
O comité de empresa do consorcio provincial de bombeiros, formado polos sindicatos SIBGAL, CCOO, UXT e CIG, informa que a inspección de traballo abre un procedemento contra Matinsa.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759