A segunda edición da homenaxe á Coluna Sanfins decorrerá no sábado 15 de xullo. «Santelices» será homenaxeado neste ano polo papel na reorganización da resistencia.
O Concello non facilita a información e acumula incumprimentos na materia, especialmente no servizo de emerxencias. A resolución da Inspección de traballo deu a razón á denuncia de CNT máis o Concello continúa sen dar solucións.
A firma textil de Ordes despide cun ERE extintivo máis de cen traballadoras. A CNT denuncia que o grupo empresarial, cun entramado ficticio de máis dunha ducia de empresas, cometeu fraude fiscal e procuraba a súa descapitalización.
Comeza a campaña de loita contra a explotación do persoal de captación de fondos e os despedimentos en Médicos Sin Fronteras. O pasado mes de Outubro a ONG despediu a cinco persoas, todas membros do sindicato CNT, alegando causas organizativas.
Médicos Sin Fronteras cede ante as accións directas e xudiciais. Non se depurarán responsabilidades no departamento de recursos humanos.
Declarado nulo o ERTE que o Colexio Santa Apolonia levou a cabo neste verán. O colexio é obrigado a pagar unha indemnización por vulneración de dereitos fundamentais e ao pago dos salarios no periodo do ERTE.
A pasada tarde do día 14 de novembro, a CNT voltou a visibilizar os varios conflitos laborais aos que fai fronte a sección sindical en Médicos Sin Fronteras: "Médicos Sin Fronteras, empresa que utiliza as medidas de denuncia pública e de presión social para acadar os seus obxectivos, debería saber que o único camiño son o tesón e a loita e que, ainda que non contemos coa súa capacidade mediática nin o resto dos seus recursos de multinacional, non nos imos rendir ata que se faga xustiza."
O sindicato CNT-Vigo realiza unhas xornadas de debate e análise do sistema penal no estado, tratando de dar unha óptica ampla e crítica da actual sistema legal como a famosa “Lei mordaza” e a realidade dos reclusos nas cadeas.
O grupo de Memoria Histórica da CNT Galiza que organiza, xunto coa Sociedade Histórica e Cultural «Coluna Sanfins» de Lousame a homenaxe á Coluna Sanfins, lanzou unha campaña de financiamento do monumento popular dedicado a estas persoas que en 1936 se organizaron para loitar pola liberdade contra o golpe militar fascista.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759