Publicidade

Diário Liberdade
Sexta, 27 Janeiro 2017 12:16 Última modificação em Domingo, 29 Janeiro 2017 21:32

Intersindical das e dos Bombeiros reitera problemática na gestom das emergências na Galiza

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: MIBG

Dende a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia fan unha chamada de atención despois das últimas noticias publicadas na prensa e diversos medios, mais concretamente do reparto de equipos de excarceración a diversos grupos de emerxencias supramunicipais (GES) e agrupacións por parte da Xunta de Galicia, así como da intención do Consorcio Provincial de Ourense de levar a cabo a aprobación dun plan provincial de riscos para a provincia.

Como consecuencia, e ante a problemática que esta a vivir o sector das emerxencias na nosa comunidade, vense na obriga de expoñer publicamente unha vez mais a súa desconformidade coa xestión dos recursos públicos adicados á atención das emerxencias. "Non poñemos en cuestión que os grupos de intervención en emerxencias (redundantes na súa creación cando xa existían Parques de Bombeiros) dispoñan de medios, ou que se desenrole devandito plan de riscos na provincia de Ourense, senón a arbitrariedade que acompaña sempre o reparto de tales medios. Constantemente derívanse recursos a grupos de emerxencias ou agrupacións de voluntarios con déficit de persoal (nalgúns casos cun so operario de garda), co consecuente inoperatividade no uso deses equipos, unido á a falta de estrutura que asegure os mantementos e revisións obrigatorias que deben pasar con periodicidade. Entrementres, servizos profesionais vense constantemente infrafinanciados e infradotados".

Pensan que ese reparto se debe facer con equidade e dirixíndoos a onde realmente sexan mais operativos. "Somos coñecedores de que hai parques de bombeiros profesionais onde eses e outros equipos de intervención necesitan reposición debido a súa lonxevidade, presentando avarías constantes en equipos que deben estar operativos o cen por cen por causas obvias".

No referente ao plan de riscos provincial, queren mostrar a súa desconformidade coas declaración en medios da provincia do Consorcio Provincial de Extinción de Incendios de Ourense, onde se manifesta a intención do Partido Popular de levar como moción á Deputación Provincial de Ourense a proposta da súa elaboración.

Unha das bases nas que se sostén a súa proposta, segundo as súas palabras, é que existe unha rede ou infraestrutura de medios de emerxencias consolidada como para asegurar a operatividade na aplicación de devandito plan se fora necesario.

Ante estas declaracións, queren deixar claro que dende a súa perspectiva como profesionais iso é vender fume, pois esa rede de medios da que se fala é totalmente deficitaria, con grupos de emerxencias que van dun so operario a un máximo de tres bombeiros por garda, totalmente heteroxéneo na prestación de servizos, onde pode prestar asistencia un parque comarcal, ou os operarios cos que conte un dos GES da provincia, sumado aos problemas de persoal que sofre actualmente o parque de bombeiros municipal de Ourense. Isto supón unha dispar cobertura, falta de coordinación na atención e, maiormente, un completo descoñecemento a tempo real dos recursos dispoñibles e mobilizables en cada momento.

Queren manifestar que a elaboración de ese plan, sendo  un obxectivo desexable, parte dunha situación con problemas de fondo en canto a persoal, dotacións, estrutura, organización e isócronas dos servizos operativos na provincia que o converten nun proxecto inútil a día de hoxe.

Esa falta de persoal e modificación de isócronas son aspectos que por parte de sector se veñen demandando dende vai moito tempo atrás, sen que a administración dea pasos para a súa solución. Hai ferramentas para avanzar nese eido, e mesmo leis que levan case dez anos incumpridas (Lei de Emerxencias), que de ser empregadas e desenroladas sentarían os alicerces dun sistema de emerxencias moderno e eficiente.

Dende a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia manteñen que mentres non se aborden os problemas de base no sector, todo este tipo de políticas, xa sexa reparto de medios sen lóxica de ningún tipo, así como elaboracións de plans ou simulacros, parten dun diagnóstico errado da situación e é empezar a casa polo tellado. Supón polo tanto un despilfarro económico innecesario, e na maioría dos casos non responde mais que a operacións propagandísticas para tapar a deficiente xestión que vimos sufrindo en Galicia na xestión das emerxencias.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar