Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 07 Março 2017 15:44 Última modificação em Sexta, 10 Março 2017 00:39

60 anos do ‘Janina’, a primeira maré negra da Galiza

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Consumo e meio natural / Fonte: GGiencia

[Eduardo Rolland] O petroleiro francés incendiouse en 1957 provocando un verquido de cru que chegou ás Rías Baixas

Galiza non esquece o desastre do Prestige, do que este ano se cumpre o 15 aniversario. Tampouco, as do Mar Exeo (1992), Urquiola (1976) e Polycommander (1970). Pero poucos recordan a primeira marea negra do país: a catástrofe do Janina, da que se cumpren 60 anos.

En xaneiro de 1957, o incendio deste petroleiro francés abriu a lista negra, afectando ás Rías Baixas, con especial incidencia nas illas Cíes, nunha época na que os controis medioambientais eran menores e son poucos os datos sobre as consecuencias sobre o ecosistema.

Hai que destacar que son falsas todas as datas publicadas ata o de agora sobre o sinistro do Janina. Copiadas unhas doutras, mesmo o CEDRE francés ou a Wikipedia afirman que o seu naufraxio se rexistrou o 18 de xaneiro de 1957. Pero hai noticias dos diarios publicadas dende o día 16. Porque, en realidade, a data auténtica foi o 15 de xaneiro.

O Janina, construído en 1948, era un petroleiro francés que naquela viaxe de 1957 transportaba 10.000 toneladas de cru dende o porto soviético de Odessa ao seu destino en Finlandia. Non era pequeno para a súa época, pero non resistiría a comparación co Prestige, que naufragou con 77.000 toneladas, o que multiplicaba por 8 a capacidade de carga deste ‘tanker’ galo.

Un incendio foi a causa do desastre do Janina, que non se produciu en Galiza, senón fronte á costa portuguesa, aínda que a marea negra posterior chegase á costa galega. O lume comezou na tarde do martes 15 de xaneiro e a tripulación abandonou o barco esa noite, cando se viu incapaz de sufocar as chamas. Os náufragos foron recollidos por diversos buques e, na súa maior parte, foron trasladados ao porto de Vigo.

“O petroleiro francés ‘Janina’ arde á altura de Viana do Castelo‘, titulou El Pueblo Gallego na súa edición do mércores 16 de xaneiro de 1957. “Un barco alemán salvou a 19 dos tripulantes, pero se descoñece a sorte dos 38 restantes”, engadía o diario. A información detalla que o incendio se desatou no Janina a unhas corenta millas da costa de Portugal: “Segundo parece, o lume tomou gran incremento dende os primeiros instantes, e aínda cando a tripulación composta por 57 homes loitou co maior entusiasmo para dominalo, viuse precisada de dar chamadas de socorro en vista da inutilidade dos seus esforzos”.

O barco alemán que acudiu no seu axilio era o ‘Johann Strauss‘, que conseguiu embarcar a 19 tripulantes do petroleiro incendiado, deixando abandonado ao Janina. Noutra información, dáse noticia da chegada a Vigo dos sobreviventes do petroleiro. “Dos vinte náufragos chegados a Vigo foron conducidos 16 polo mercante alemán Troyburg e os outros catro polo dragaminas inglés Barbican”, explica El Pueblo Gallego, que destaca que entre os sobreviventes “atópase o único español enrolado a bordo, chamado Juan Antonio Hernández Álvarez, natural de Málaga, quen relatou con todo detalle as incidencias do sinistro”.

Segundo este testemuño, o lume comezou á tardiña do martes 15 de xaneiro. A tripulación tentou sufocar as lapas pero, coa entrada da noite, a misión foi imposible. “Acudiu en primeiro lugar ás chamadas de auxilio do buque un mercante ruso, que parece ser se negou a prestarlles auxilio”, narra o xornalista. Ante o perigo do incendio, os mariñeiros do Janina abandonaron o buque en varios botes. Algúns destes homes foron rescatados polo mercante francés Nicole Chiaffin, que os levou directamente ao seu país. Pero a Vigo chegou o capitán do petroleiro, Henry Pelliet.

Tras o Janina chegaron o Yanxilas (1965), o ‘Spyros Lemnos’ (1968), o ‘Polycomander’ (1970), o ‘Urquiola’ (1976), o ‘Andrios Patria’ (1978), o ‘Mar Exeo’ (1992) e o ‘Prestige’ (2002). Esas foron as 8 mareas negras para Galiza. Cúmprense agora 60 anos da primeira. E levamos 15 anos dende a última, o período máis longo sen estas catástrofes dende que comezou a serie.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar