A primeira guerra mundial someteu a tensións brutais á sociedade rusa e provocou a caída do sistema zarista, que exercía un poder despótico e vivía na máis absoluta riqueza fronte á miseria e o desánimo do pobo ruso. Despois dunha efémera experiencia liberal triunfa esta revolución, que culmina o 8 de novembro de 1917. A súa importancia radica non só na transformación do Imperio Ruso na URSS, senón porque deu lugar ao primeiro goberno socialista da historia.
Neste centenario da revolución rusa convidamos a realizar unha reflexión, desde a periferia, na procura das preguntas adecuadas para non errarmos o camiño no presente. Para iso contamos coa participación de seis analistas que nos axudarán a comprender a súa historia, o seu legado e a súa actualidade.
E seria Lenine leninista?
9 de outubro, 20 horas.
Teresa Moure, escritora e profesora da USC.
O legado político de Lenine modificou sensivelmente a história da humanidade. Porém, as circunstâncias históricas, as diferentes derivações desse pensamento e a cápsula criada por volta da sua figura determinam, ainda, após cem anos da revolução bolchevique, que muitas perguntas fundamentais pairem no ar.
Atualidade do pensamento e das ideias libertárias.
18 de outubro, 20 horas.
Carlos Taibo, escritor. Participa em muitas iniciativas de contestação do capitalismo.
Ainda que os movimentos libertários são hoje mais débeis que no passado, a pegada das ideias e das práticas correspondentes continua a ser forte, tanto mais em momentos como este em que o risco de um colapso geral do sistema é evidente.
A Galiza nos tempos da revolución rusa.
26 de outubro, 20 horas.
Uxío-Breogan Diéguez Cequiel, historiador e profesor da UDC.
A Galiza do ano 1917 presentaba importantes novidades en diversas esferas, mais situábase entre a construción dun novo contexto e as características definitorias dun século XIX que se resistía a morrer.
Revolucións e utopías.
3 de novembro, 20 horas.
Carme Adán, filósofa e feminista.
As imáxes das revolucións son modelos que nos suxiren novos espazos de igualdade e xustiza. Propomos pensar no papel das mulleres na construción de imaxinarios de futuro ante a orde patriarcal que o neoliberalismo actual impón.
Retrato do colonizado.
9 de novembro
Claudio López Garrido, economista e tradutor de Retrato do colonizado, de A. Memmi.
Este texto de Albert Memmi é considerado um dos estudos psicológicos mais penetrantes sobre a opressom. Proibido polos governos coloniais, converteu-se em leitura obrigada e instrumento de conscientizaçom dos militantes nacionalistas em todo o mundo.
A revolución rusa e a revolución en Occidente segundo A. Gramsci.
23 de novembro
Jorge Álvarez Yagüez, filósofo.
Antonio Gramsci, fundador do partido comunista italiano e un dos marxistas máis relevantes de todos os tempos, soubo extraer do fito que supuxo a revolución rusa a súa transcendencia política para todo o movemento revolucionario occidental, o que del podía ser seguido e o que non.
Desde aquí podes descargar o programa completo en formato PDF.