Publicidade

Diário Liberdade
Terça, 09 Agosto 2016 17:57

O megalitismo galego

Avalie este item
(1 Voto)
País: Galiza / Cultura/Música / Fonte: Suso Pinheiro

Os que saben desto, propoñen como comenzo do Megalitismo -que non deixa de ser un período cultural- o IV milenio a.C. e que iría atá a mitade do II milenio. E estaría dentro do chamado Neolítico.

Climaticamente quedaría no período climático que chaman Atlántico e que se caracterizou “por unha elevada temperatura e humidade, o que favoreceu o desenvolvemento da vexetación tipicamente oceánica : carballeiras, sobreiras, ulmos, freixos, ameneiros, bidueiras e abelairas” dí Francisco Calo. Isto traducíuse en que ao longo ” do IV milenio producese un incremento da presenza humana debido á maior obtención de productos alimenticios pola adopción da agricultura e a gandeiría, que implicou unha multiplicación dos xacementos tanto de tipo doméstico como de carácter funerario. Isto producíu nunha economía mais complexa, que deixa de ser de subsistencia ..... Consolídase o sistema agropastoril, fronte á caza-recolección do período anterior, aínda que seguen tendo un papel importante, ó igual que o marisqueo e a pesca como recursos alternativos no litoral “, según nos conta Jorge Ramón García Méndez.

Este primeiro momento en que a natureza é domesticada, na que xente que habitaba o que hoxe é Galiza, xa pode deixar de ser permanentemente nomada e se establece nunha zona, da lugar tamén a unha sociedade mais complexa que a cazadora. Así o demostran os restos arqueolóxicos deste período: o megalitismo. Este fenómeno megalítico, está asociado aos rituais da morte e supoñen un avance moi grande no pensamento humano.

“Pódese dicir, que o fenómeno Megalítico en Galicia, representado polos monumentos funerarios, comeza sobre o derradeiro terzo do V milenio a.C. caracterizado nos primeiros momentos por construcións de tamaño reducido, baixo túmulos de escasas dimensións, e de tipoloxía moi variada : lousas inclinadas sobre fosas (Cotogrande, Vigo), ou antas de cámara simple, que nun principio servirían para inhumacións de carácter individual.

A colectivización das inhumacións corresponderíase cun segundo momento na primeira metade do IV milenio a.C, cando comezarían a aparecer as antas sinxelas sen corredor de maior tamaño, ben con cámaras poligonais con entrada ou ben con cámaras pechadas”, escribe o que antecede García Méndez autor dun seu artigo sobre o dolmen de Dombate na Revista Murguía nº 5.

“Ninguén pon en dúbida a función primordial, funeraria, de mámoas e monumentos de tipo dolmen, ainda que están en estudo outras posibes finalidades, en relación coa orientación nas rotas, como lindeiros, ou ambas a un mesmo tempo” dinos Felipe Senén.

E a parte das mámoas ou dolmenes, tamén neste perído megalítico temos na Galiza outras construccións “cuxa función tería un caracter ritual, aínda difícil de precisar, con seguridade en relación co mundo astral.” Voltamos de novo a traballos de Felipe Senén que fai unha clasificación do megalitismo. Pedras chantadas ou pedrafitas. Circos de pedras ou cromlech. E aliñamentos e outras pequenas formas non monumentais, cunha orientación astral.

Para este autor as estruturas do Megalitismo, ata hai pouco tempo, estaban ben repartidas pola xeografía do noso país, moitas delas detruídas recentemente pola ignoracia en labores agrícolas, replantacións forestais, abertura de pistas, etc. E o mesmo Felipe Senén quen vai mais aló, falando de que ” a tradición galega, aínda hoxe, rende determinados cultos a monumentos naturais que surprenden, tales como as pedras oscintais ou de abalar, o que fai cavilar que a orixe destas fórmulas de ritual panteísta teñan nacimento no Megalitismo”.

E abondando no que dí o Senén, non estaría descamiñado pensar en que o sentimento panteista, incardinado no imaxinario colectivo dos galegos, demostrado ao longo da Historia, na relixión, na arte, e nas costumes, ten as súa raizame eiquí no Megalitismo. E unha ultima nota : os cruceiros non serán debedores das pedras-chantadas ou pedrafitas ?.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar