A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao publicou en maio un anuncio no BOE comunicando as expropiacións forzosas que se executarán para o acceso ferroviario ao porto exterior, que afectan a 70.806 metros cadrados en total, parte deles de propiedade municipal nos montes de Brión.
A concelleira de Conservación do Patrimonio, Rosa Méndez, dixo xa que recibiu queixa dos veciños que temen que eses túmulos queden afectados polas pistas que se van construír para realizar o vertedoiro das obras. Ademais, lembrou que en caso de facerse ese acceso sería necesario contar co visto e prace da Dirección Xeral de Patrimonio e achegar un proxecto de prospección da zona.
Aínda que xa se pechou o prazo de alegacións, Méndez estima que esta situación está “por riba” desas obxeccións. Por iso, a súa área, Urbanismo, a arqueóloga municipal e tamén representantes do grupo arqueolóxico Terra de Trasancos mantiveron encontros para avaliar a situación.