Publicidade

Diário Liberdade
Domingo, 18 Setembro 2016 16:09 Última modificação em Segunda, 19 Setembro 2016 18:27

Perceptora de RISGA relata assédio da Trabalhadora Social em Nigrám

Avalie este item
(0 votos)
País: Galiza / Repressom e direitos humanos / Fonte: ODS Coia

Partillamos o relato dunha muller, perceptora da RISGA, que mudou a súa residencia a Nigrán. Dende a primeira cita comezaron os problemas coa traballadora social. A muller violéntalle o posicionamento desta profesional: fai visitas domiciliarias sen acordar con ela, fixa unha dinámica de control abusivo, realiza xuízos de valor... Semella que esta práctica non a sofre só esta muller, xa que máis veciñas de Nigrán falan tamén de ter sufrido prácticas parecidas. Seica responsables políticos de Nigrán son coñecedores, dende hai tempo e segundo a ODS Coia, da problemática, sen que tomaran medidas para garantir os dereitos dunha parte importante das veciñas de Nigrán.

Aquí tedes o relato:

A traballadora chámase Ana, a primeira cita que tiven con ela foi a primeiros de xullo, foi unha cita moi breve pero xa me din conta de como ía ser o percal pola súa actitude, pola súa prepotencia, bordería e formas intimidatorias. O primeiro que me dixo foi que isto non era Vigo e que aquí as cosas eran moi diferentes, que tiña que facerme un proxecto novo de RISGA e que con ela os seguimentos son todos os meses, o ultimo mércores de cada mes, e que tiña que entregarlle cada mes unha folla que me da ela onde teño que apuntar a que empresas envío curriculums e xustificalo con copia impresa do email ou se é presencial copia do cv selada. Tamén que teño que entregarlle a folla de medicación que me estea a dar o médico de cabeceira e un informe médico de todo o que apareza no meu historial (todo isto antes de ela recibir o meu expediente polo traslado). Díselle que eu pedira a discapacidade e que todas as probas estaban no expediente e dixo que aínda así ela quería un informe médico.

Tiven a segunda cita o 27 de xullo e cando me pediu a folla onde teño que cubrir a onde envío cv, e a viu en branco xa se cabreou e preguntoume porque non había mandado ningún cv. Expliqueille que non atopara ningunha oferta na que puidera me inscribir, que non íame a inscribir en calquera posto de traballo que ademais que primeiro buscaba do meu, non había postos que puidera desempeñar ou por experiencia ou por distancia ou por esforzo físico ou porque simplemente non vou a apuntarme en traballos de soldador, carretilleiro, fresador, enfermeiro, comercial etc. A súa resposta foi "esto no es Vigo que es un pitorreo, ya vi tu expediente y llevas años sin trabajar, que estabas buscando de lo tuyo y no encontraste nada, es increíble! Aquí las cosas son muy diferentes y tienes que inscribirte en todas las ofertas!" Eu lle dixen que non podo facer calquera traballo, que teño mal o lombo e que pedín a discapacidade, que ten toda esa información e que se me obrigaba a traballar nalgo que non puidera fisicamente acabaría mancándome e collendo unha baixa. A súa resposta foi "A mí me da exactamente igual que te cojas una baja, no es problema mío", "de momento no llegas al 33% por lo tanto no tienes ninguna discapacidad y puedes hacer cualquier tipo de trabajo, hay gente peor que tú y esta trabajando". Tamén lle dixen que me apuntara a algúns cursos do ministerio e do INEM que estaba esperando resposta e me dixo que teño que xustificarllo con copia que pida no INEM. Pediume o informe medico e díxenlle que o meu médico estaba todo o mes de vacacións e ensineille o papel da cita que me deron e por detrás estaba escrita polo recepcionista do centro de saúde onde puña que o médico volvía o 17 de agosto e selado. Ela, quedouse con este papel cando era meu. Díxome que viría durante o mes de agosto o meu domicilio para facer a visita e que me chamarían do proxecto de inclusión.

O 19, ás 9:30 da maña timbráronme na porta, eu estaba durmindo xa que me doia as costas, e non abrín, entón chamáronme ao telefono e collín, era a traballadora social, que viña facer a visita domiciliaria. Saín a porta e pregunteille por que non me avisara, díxome que nunca avisaban. Díselle que as outras dúas veces que me fixeron a visita en Vigo si que me avisaban aínda que fora unha hora antes, e dixo que ela non avisaba. Expliqueille que estaba na cama que me doian as costas que se podía vir noutro momento e que me gustaría que me avisara para a próxima e dixo que non o faría.

O día 24 volveu a timbrarme na porta as 13:30, saín a abrirlle e disenlle que estaba acompañada e que non era bo momento, que ademais estaba pasando por un mal momento estes días e que non me apetecía que entrara. Pregunteille que e o que ten que ver da vivenda, e xa se puxo nerviosa: "Como que qué tengo que ver? Tengo que entrar, ver si cumple las condiciones, cuántas habitaciones tiene, ver la cocina y el baño y hablar contigo de cosas, vamos una visita!". Díxenlle que o que quixera falar podía falarmo na porta e que a verdade me gustaría que me avisara xa que eu podía non estar ou estar acompañada que non me parecía. Ela díxome que non avisaba para pillar incumprimentos, e que nunca tivera ningún problema con ninguén por iso, que era o meu problema, que xa viñera dúas veces e non a deixara pasar...que será porque teño algo que esconder...que ela mandaba informe disto a RISGA a ver que lles parece,que son eles quen me dan a axuda, non ela.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Publicidade

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar