Nesta ocasión escollemos os riquísimos e sorprendentes petróglifos como fío condutor das tres actividades outonais. Imos detallalas:
1. O próximo domingo 11 de setembro terá lugar o primeiro roteiro, Petróglifos de Vilarmaior (2), que é a segunda parte do realizado hai tres anos co grupo arqueolóxico Terra de Trasancos. Como daquela, visitaremos os espectaculares antropomorfos de Chousa da Vella e Calvela, mais desta vez completaremos o percurso con novos petróglifos, non visitados daquela. Esta actividade é aberta e gratuíta, non fai falta anotarse. A saída é ás 9.30 na igrexa de Torres (Vilarmaior) e despois da actividade aquelas persoas que queiran poderán, como de costume, participar no xantar colectivo nun local social cedido polo Concello. Dificultade baixa.
2. O sábado 1 de outubro teremos as Gravuras de Oia, un roteiro cun horario moi especial. Sairemos de Betanzos ás 11 da mañá e non estaremos de volta até ben pasadas as doce da noite. O motivo é a visita nocturna que faremos unha vez anoiteza, sobre as 21.30, ao castro da Cabeciña, lugar onde se atopan uns interesantes petróglifos. Antes visitaremos o mosteiro de Oia e, puntualmente, outras gravuras de interese extraordinario, espalladas pola chamada Ruta Máxica polos montes de Oia. Antes de subir a pé ao castro teremos unha merenda-cea nun estabelecemento da localidade. Anotarse antes do
3. E finalmente os días 22 e 23 de outubro desprazarémonos até Os Ancares, onde recentemente foi revelada unha serie de petróglifos, que se ben non se caracterizan pola súa espectacularidade, resultan ser os situados a máis altura dos achados en Galiza. Completaremos o percurso con camiñadas polas terras ancaresas e outras actividades culturais. Aloxarémonos en Piornedo, ben na Cantina Mustallar ou no Hotel Piornedo. Por esixencias dos hostaleiros, debemos asegurar o aloxamento con bastante antelación, pois estaremos en tempada alta. Así é que, se pensades vir, xa vos podedes ir anotando.