O vindeiro venres día 10 de febreiro a partir das 20:00h. no Museo Manuel Torres de Marín a AC Almuinha organiza unha charla que levará por título "O sistema eléctrico a debate".
A A.C. Almuinha, A.C.D. Gharaboto e a Asociación Marinense de Artesáns están a organizar a chegada do Apalpador á vila, que terá lugar o vindeiro Sábado 31 de decembro. A partir das 17:00h. percorrerá as rúas de Marín acompañado do seu grupo de músicos, achegándose á rapazada e repartindo doces. Ás 18:00h. chegará á carpa da Feira de Artesanía, que se atopa na Alameda Rosalía de Castro, onde fará entrega dos premios do II Concurso de Debuxos "Debuxando ao Apalpador".
Este martes día 29 de novembro a A.C. Almuinha organiza un pequeno e sinxelo acto de lembranza da figura de Francisco Carballo Carballo, coincidindo coa data do seu pasamento
O vindeiro venres 28 de outubro a A.C. Almuinha organiza a presentación en Marín da novela de Manuel Gago "O anxo negro". O acto celebrarase no Museo Manuel Torres a partir das 20:30h. e intervirá o autor do libro. Esta será a segunda vez que temos o privilexio de contar coa presenza de Manuel Gago nun acto da A.C. Almuinha. A anterior foi aló por novembro do 2010, cando baixo o título "República de homes libres: na procura dos Lordomani" abordou o sempre interesante tema dos normandos e da súa presenza en Galiza.
Tras o verán, o domingo 11 de setembro o Grupo de Sendeirismo da A.C. Almuinha retomou a súa actividade cunha andaina pola Ruta da Pedra e da Auga, entre os concellos de Ribadumia e Meis.
Este sábado 4 de xuño terá lugar unha nova Marcha até a fábrica de Ence en Lourizán. Mais desta volta non será unha Marcha máis. Baixo o lema "Móvete pola Ría" esta mobilización producirase no contexto da prórroga por 60 anos que o goberno español en funcións (PP) ven de outorgarlle a Ence recentemente.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759