Publicidade

Diário Liberdade

Mostrando itens por tag: Marim

Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista e Agabo – Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez, organizan unha charla coloquio co título: Venezuela, situación actual, o acto será o próximo 25 de maio no Museo Manuel Torres de Marín, ás 20h. Contaremos coa intervención da Cónsul Xeral do Goberno Bolivariano en Vigo, Mónica Sánchez Morles, e de Farruco Sexto Novás, escritor e Ministro do goberno de Hugo Chávez.

Publicado em Galiza
Tagged sob
Domingo, 30 Abril 2017 09:13

Nova agressom à praia de Aguete, em Marim

A Praia de Aguete é un dos principais atractivos naturais e paisaxísticos de Marín, unha das praias máis visitadas do concello polas persoas que se achegan en temporada estival. Porén, tamén sofreu unha serie de actuacións que a deterioraron, como a construción do porto deportivo que fixo bascular a area dunha beira a outra da praia, ou a construción dun “chale” no medio da praia.

Publicado em Galiza
Tagged sob
Quinta, 23 Fevereiro 2017 06:37

Marim terá palestra sobre a situaçom na Síria

MAR DE LUMES - Comité Galego de Solidariedade Internacionalista organiza en Marín, o próximo 23 de febreiro, unha charla coloquio sobre a situación de Siria que contará coa participación de Oscar Valadares, na Biblioteca Municipal a partir das 20h.

Publicado em Galiza

O vindeiro venres día 10 de febreiro a partir das 20:00h. no Museo Manuel Torres de Marín a AC Almuinha organiza unha charla que levará por título "O sistema eléctrico a debate".

Publicado em Galiza

"Levamos varios días en Marín padecendo cortes no subministro eléctrico en diversas zonas do municipio, e na maioría dos casos cunha duración de moitas horas. Esta situación causa un grave prexuízo ás persoas que quedan sen calefacción, sen poder cociñar ou se lles estragan os alimentos dos conxeladores, o mesmo acontece cos negocios de hostalaría e alimentación", din do Colectivo Nacionalista de Marín.

Publicado em Galiza
Domingo, 18 Dezembro 2016 08:55

Apalpador visitará Marim vindouro 31 de dezembro

A A.C. Almuinha, A.C.D. Gharaboto e a Asociación Marinense de Artesáns están a organizar a chegada do Apalpador á vila, que terá lugar o vindeiro Sábado 31 de decembro. A partir das 17:00h. percorrerá as rúas de Marín acompañado do seu grupo de músicos, achegándose á rapazada e repartindo doces. Ás 18:00h. chegará á carpa da Feira de Artesanía, que se atopa na Alameda Rosalía de Castro, onde fará entrega dos premios do II Concurso de Debuxos "Debuxando ao Apalpador". 

Publicado em Galiza
Tagged sob
Terça, 29 Novembro 2016 18:26

Almuinha homenageia Francisco Carvalho em Marim

Este martes día 29 de novembro a A.C. Almuinha organiza un pequeno e sinxelo acto de lembranza da figura de Francisco Carballo Carballo, coincidindo coa data do seu pasamento

Publicado em Galiza

O vindeiro venres 28 de outubro a A.C. Almuinha organiza a presentación en Marín da novela de Manuel Gago "O anxo negro". O acto celebrarase no Museo Manuel Torres a partir das 20:30h. e intervirá o autor do libro. Esta será a segunda vez que temos o privilexio de contar coa presenza de Manuel Gago nun acto da A.C. Almuinha. A anterior foi aló por novembro do 2010, cando baixo o título "República de homes libres: na procura dos Lordomani" abordou o sempre interesante tema dos normandos e da súa presenza en Galiza.

Publicado em Galiza

Ence, 60 anos máis? É un documental elaborado por Galiza Contrainfo onde se recollen as voces de persoas que levan anos defendendo a ría e loitando por sacar o complexo industrial Ence-Elnosa. A implantación de Ence na ría fíxose no medio de protestas desafiando á ditadura franquista, hoxe un goberno do PP en funcións prorroga a permanencia desta industria 60 anos máis.

Publicado em Galiza

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza este sábado, 9 de xullo, un roteiro para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural dos montes da parroquia de San Xián (Marín), tamén coñecida como “Marín de arriba”, situados en solo rústico de especial protección de espazos naturais dentro do espazo natural dos Montes do Morrazo, recollido nas Normas Subsidiarias e Complementarias de Planeamento da provincia de Pontevedra.

Publicado em Galiza
Tagged sob

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Ritech

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar