Publicidade

Diário Liberdade
Quinta, 29 Setembro 2016 01:07 Última modificação em Domingo, 02 Outubro 2016 15:28

Rebeliom de farmacêuticos ‘contra o engano da homeopatia’ no Estado espanhol

Avalie este item
(1 Voto)
País: Estado espanhol / Saúde / Fonte: GCiencia

Un colectivo de profesionais asina unha carta pública pedindo que se retiren estes produtos dos despachos de farmacia.

O 25 de setembro de 2016, no Día Internacional do Farmacéutico, un grupo de profesionais deste sector decidiu publicar un manifesto contra a homeopatía, no que piden aos seus representantes que salga do mundo da farmacia.

A homeopatía é unha pseudoterapia que xamais conseguiu efectos convincentes máis aló do que se logra cun sucedáneo que funciona como placebo. Nega os principios da física e da química, non ten ningún efecto farmacolóxico e a pesar diso os seus consumidores pensan que a eles lles funciona.

“Como falsa terapia que é, sen avais científicos e aproveitándose da laxitude da lei que a tenta regular, introdúcese no noso exercicio a moitos niveis: farmacias que a dispensan e recomendan, universidades que se atreven a aprendela (poucas afortunadamente), sociedades que se chaman ‘científicas’ que a inclúen nas súas guías terapéuticas e o noso máis importante órgano representativo, o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos, que a acolle sen pudor, dándolle unha oficialidade que non debe ter”, explica este grupo de profesionais na súa nota de prensa.

Esta pseudoterapia fundaméntase na administración de cantidades infinitesimais de sustancias que, se se aplicasen en grandes proporcións a un individuo san, producirían os mesmos síntomas que se pretenden combater. Suponse que estes produtos son máis efectivos canto máis diluídos están.

Como explicaba á axencia Sinc Vicente Baos, experto da Axencia Europea de Medicamentos, en España “a súa venda non ten ningunha restrición, son produtos alegais. Réxense por unha regulación do ano 94 que permitía a súa venda e consumo, pero non posúen unha regulación segundo a súa análise. A regulación que os igualaba aos medicamentos formais indicaba que só tiñan que demostrar a súa calidade, non a súa eficacia nin para que enfermidades están indicados. Chámaselles medicamentos e non o son”.

Segundo explican os farmacéuticos asinantes, que non pertencen a ningunha organización que os agrupe, despois de lanzar esta carta organizarán máis actividades nas que se incluirán a outros colectivos como estudantes, médicos, fisioterapeutas, matronas, químicos, fisicos “e todo aquel que teña criterio para confirmar que a homeopatía non é máis que un engano que leva 200 anos coas súas artes, pero que ten os días contados”, afirman.

Carta aberta ao Ministerio de Sanidade, Colexios de Farmacéuticos, Universidades e Sociedades Científicas

Os abaixo asinantes con motivo do DÍA INTERNACIONAL DO FARMACÉUTICO, licenciados todos en farmacia, e exercendo nos diversos sectores da nosa profesión, dirixímonos a Vds. para que interveñan e demanden que a homeopatía non sexa avalada por ningunha organización científica, gobernamental, universitaria nin profesional farmacéuticas: Ministerio de Sanidade, Colexios Oficiais de Farmacéuticos, Facultades de Farmacia nin sociedades científicas.

Os motivos que nos levan a expresar esta petición son de índole científica, técnica, ética e profesional. Como profesionais sanitarios que somos e conscientes da nosa importancia como técnicos no Sistema Nacional de Saúde, apostamos por que o noso exercicio profesional estea sempre sustentado en criterios científicos e técnicos validados, así como acordes coa lexislación vixente.

Moita xente cre hoxe en día a que a HOMEOPATÍA é unha terapia válida e os seus produtos reciben o nome de MEDICAMENTOS sen que exista ningún aval científico que así o demostre, permitíndose a comercialización de produtos con indicación terapéutica que incumpren toda a lexislación e normativa sanitarias á que están sometidos os verdadeiros medicamentos.

Tamén se introduce en Colexios de Farmacéuticos que contan ata con vocalías “ex profeso” e ata ofrecen formación aos seus colexiados, incumprindo os seus estatutos e códigos éticos, que rezan:

16.- O farmacéutico proporcionará unha información veraz e axeitada a cada paciente, non fomentando en ningún caso expectativas terapéuticas inxustificadas ou inadecuadas e promovendo o seu dereito á prevención e diagnóstico da enfermidade e a tratamentos eficaces e seguros

Chega a aparecer en guías clínicas de sociedades científicas, menosprezando así o valor que a ciencia pode dar á terapéutica moderna.

Hai facultades de farmacia que inclúen nos seus plans de estudos materias desta falsa terapia, danando a imaxe da universidade e a profesión ao incluír a homeopatía co resto dos tratamentos científicos, sen ningunha evidencia que a apoie. Porque a homeopatía non é ciencia nin curou a ninguén de nada en máis de 200 anos.

Por iso, apelamos á profesión farmacéutica para que non permita que o engano da chamada “terapéutica homeopática” estea presente no noso exercicio profesional nin en OFICINAS NIN SERVIZOS DE FARMACIA, onde se lle dá un indebido amparo científico. Todo isto sen esquecer o perigo que leva para os pacientes o reemprazo ou abandono de terapias que si demostraron a súa efectividade.

Esperamos o seu apoio e colaboración para que a homeopatía deixe de ter o aval da nosa profesión no seu ámbito de actuación e traballo.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Doaçom de valor livre:

Microdoaçom de 3 euro:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.
Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Código de segurança
Atualizar

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com | Telf: (+34) 717714759

O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar